O servizo Municipal de Emprego está ubicado na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.
O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787060.
É un servizo dependente da Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego, desenvolve unha serie de programas e accións interrelacionadas que engloban a totalidade dos procesos de busca e creación de emprego.
É un instrumento da política de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo que busca optimizar os recursos dispoñibles para acadar unha maior eficacia das medidas a favor do emprego.
OBXECTIVOS:
- Fomentar o emprego e mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo.
- Favorecer, dunha forma especial, os colectivos con especiais dificultades de inserción
- Elevar os niveis de formación e cualificación profesional.
- Impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora
- Desenvovler os novos xacementos de emprego.
ORIENTACIÓN LABORAL
- Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de busca activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría
- Servizo de apoio na procura de emprego aos demandantes remitidos desde o Servizo Público de Emprego de Galicia.
FORMACIÓN
- Accións formativas destinas a mellorar a cualificación profesional, a reciclaxe ou a especialización dos cidadans desempregados ou ocupados, adaptando a oferta formativa aos requirimentos do mercado de traballo e facilitándo a súa inserción laboral ou promoción profesional.
INTERMEDIACIÓN
- Desenvolvemento dun sistema sistema de intermediación entre a oferta e a demanda. Proceso:
- Recepción da oferta de emprego: A empresa solicitante, ben a través de correo electrónico ou chamada telefónica, fainos chegar a oferta de traballo, para o cal debe cubrir o FORMULARIO DE ALTA DUNHA OFERTA DE EMPREGO.
- Busca de candidatos: Análise das características solicitadas pola empresa e busca das persoas candidatas que reúnan o perfil solicitado.
- Contacto cos/as potenciais candidatos/ás: Poñémonos en contacto, por correo electrónico ou por teléfono, coas persoas resultantes da busca para comunicarlles a oferta de traballo recibida
- Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo.
- Seguimento telefónico á empresa para coñecer a situación da selección.
ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES
- Programa de apoio a persoas emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial mediante o desenvolvemento de actuacións encamiñadas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se encontran no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa.