Ramón Mª Aller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilitoulle ó afeccionado un libro singular, sen par entre os de divulgación astronómica. Neste libro non se atopan discursos sobre o Sol, a Lúa ou as estrelas, senón que pon nas súas mans o entretemento que lle permitirá, xogando, sen esforzo, facer observacións; nunha palabra, como di o seu autor, ensinaralle a ler no marabilloso libro que se abre tódalas noites sobre o azul do ceo.