Horario de atención: de luns a venres 8:00h a 15:00h
Concello de Lalín, praza de galicia, nº 1, oficinas en pranta baixa
Teléfono : 986 -787060
QUÉ É?
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) é un servizo especializado totalmente gratuito do Concello que proporciona atención psicolóxica e información, orientación e asesoramento xurídico a tódalas mulleres dos concellos de Lalín, Rodeiro e Dozón.
Os principios de actuación do CIM son:
- O anonimato na identidade das usuarias.
- O respeto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás demandas expostas.
- A gratuidad dos servizos.
- O respeto á confidencialidade.
QUEN INTEGRA O CENTRO?
Unha unidade de atención psocolóxica a cargo dunha psicóloga e unha unidade de asesoramento xurídico a cargo dunha avogada.
QUE SERVIZOS OFRECE?
O CIM é un recurso de caracter municipal, cofinanciado pola secretaría xeral de igualdade e o fondo social europeo, onde se articula unha intervención global dirixida ás mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e que proporciona os seguintes servizos :
- Asesoramento xurídico e atención psicolóxica ás mulleres en situación de especial vulnerabilidade
- Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, e de ser o caso, ás fillas, fillos e persoas dependentes , facilitando o acceso aos recursos axistentes na Comunidade Autónoma, incluindo a xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que sexan oportunos.
- Atención específica a mulleres en situación de especial vulnerabilidade co obxectivo de mellorar a súa situación persoal, social ou laboral.
- Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
- Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes e da necesidade da consecucción de igualdade de dereitos e de integración social do colectivi LGTBI
- Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidade, tanto no ámbito de xénero como para o colectivo LGTBI
- Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
- Actuacións de dinamización levadas a cabo por persoas expertas en xénero e igualdade, cara a integración da prespectiva de xénero nos programas e actuacións que desenvolva a entidade local.
- Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de xénero ou por razón da identidade ou orientación sexual no ámbito da publicidade e nos medios de comunicación e traslado destas ao organismo competente.
- Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres en todos os ámbitos
- Colaboración e coordinación con outras administracións públicas que poidan redundar na mellora da atención ás persoas usuarias.
ATENCIÓN PSICOLÓXICA PERSONALIZADA
- Intervención en casos individuais (ansiedade, depresión, problemas de conducta, problemas de parella).
- Asesoramento e apoio psicolóxico en casos de separación.
- Atención psicolóxica a vitimas de violencia de xénero.
- Asesoramento en problemáticas de desigualdade (laboral, familiar, educativa).
INFORMACIÓN E ASESORAMENTO LEGAL EN
- Temas de dereito de familia (separación, divorcio, pensións alimenticias, garda e custodia dos fillos menores, réxime de visitas, ...).
- Temas de dereito penal (malos tratos, abandono de familia, abusos sexuais, ...).
- Temas de dereito de estranxería (regularización de inmigrantes, reagrupación familiar, adquisición da nacionalidade, ...).
- Outros temas legais (tramitación xustiza gratuita, vivenda, discriminación laboral, seguridade social, ...).
ORIENTACIÓN PROFESIONAL E LABORAL
INFORMACIÓN SOBRE SUBVENCIÓNS E RECURSOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA
COORDINACIÓN DA ATENCIÓN ESPECÍFICA ÁS MULLERES VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
ONDE ESTAMOS?
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) está ubicado na planta baixa do Centro Social da Terceira Idade, sito na Rúa Mercado s/n (fronte á praza do Concello).