Se desexas información sobre algunhas destas accións formativas, ponte en contacto co noso servizo a través dun e-mail emprego@lalin.gal, ou ben chamando ao teléfono 986787060 – servizo de emprego
EMPREGO VERDE NAS RESERVAS DE BIOSFERA
Recursos do Territorio e Ferramentas para a Súa Posta en Valor
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia – para informarlle do curso que imos realizar o vindeiro mes de maio: a edición Ourense do Curso ‘Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor’, organizado co apoio da Fundación Biodiversidad a través do programa EmpleaVerde.
A actividade, que terá lugar do 6 ao 31 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30 – Ourense), está dirixida a desempregados/as inscritos/as no servizo de demandantes de emprego de Galicia, e pretende facilitar o coñecemento do patrimonio natural e cultural das diferentes Reservas de Biosfera galegas, capacitar na adquisición de ferramentas básicas de educación e interpretación ambiental para a posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais, así como dar a coñecer o potencial das Reservas de Biosfera para a produción agroalimentaria sostible e a creación do emprego verde. A inscrición é gratuíta pero as prazas son limitadas.
"PRODUCIÓN E TRANSFORMACIÓN DE LEITE ECOLÓXICA EN GALICIA E ASTURIAS"
CURSO GRATUÍTO
CURSO GRATUÍTO
Nesta formación de 50 horas dotarase ao alumnado de conceptos para poder traballar en ganderías ecolóxicas e primeiros pasos para fabricación de queixos, iogures, etc.
Organiza: COGAMI
Modalidade: Presencial
Lugar: Silleda ou Lalin.
Dirixido a: Persoas con discapacidade ou Incapacidade Laboral, demandantes de Emprego (tarxeta de Emprego).
Nº de alumnado: 15-20
Data: Pendiente de establecer en base á captación de alumnado.
Horario: de mañás (5h/diarias)
Nº horas: 50 h. (40 teóricas en aula+10 h visitas empresas sector gandeiro).
Interesad@s:
Remitir email a silpontevedra@cogami.gal
Chamar ó 986 863 709