Primeira matrícula no CMUS
Matrícula Ordinaria
Información para a formalización da matrícula
Hai dúas vías para matricularse:
A. De xeito presencial: Entregando a documentación no CMUS Profesional de Lalín (En horario de 16:00 a 21:00).
B. De xeito non presencial: Realizando unha Instancia Xeral na Sede Electrónica do Patronato de Lalín https://padroadolalin.sedelectronica.gal/ e axuntando a documentación requirida. É necesario ter Certificado Dixital.
-
Documentación para a formalización da matrícula
(importante que estea cuberta completamente e asinada)
- -Impreso de Matrícula.
- -Renovación do Formulario de Tokapp (Sistema de mensaxería entre mestres e nais/pais/titores). É necesario instalalo no teléfono móbil da/o nai/pai/titor.
- -Xustificante do Pago da Taxa Online ou a Autoliquidación selada polo Banco.
- -Orde de Domiciliación Bancaria no caso de seleccionar o pago fraccionado (este documento deberá estar selado pola entidade bancaria ou acompañado por un Certificado de Conta Bancaria).
- -Xustificante de familia numerosa, de ser o caso.
-
Pago da Taxa
O pago das taxas do CMUS Profesional de Lalín realizarase mediante a sede electrónica do Concello de Lalín.
- Ingresar na páxina do Concello www.lalin.gal
- Na parte superior dereita seleccionamos sede electrónica
- Baixamos a páxina e atopamos en Enlaces de Interés a Sede Tributaria Concello de Lalín e facemos clic en OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA Y PAGO DE TRIBUTOS
- Desplegamos Recibos e Impuestos e seleccionamos Autoliquidaciones enseñanzas Patronato.
- Cubrimos o modelo sen deixar ningún campo obrigatorio. Importante o Interesado é o/a alumno/a.
- Se é un alumno/a do Grao Elemental só hai que indicar o curso en cambio se é de Grao Profesional hai que indicar o número de materias.
- Si se quere pagar en 2 prazos débese indicar na pestana de Pago Fraccionado (o primeiro ingresarase no momento da matrícula mediante este procedemento e o segundo pasarase no 2º trimestre do curso académico)
- Facemos clic en Calcular.
- Temos 2 opcións
- -Imprimir Recibo e pagar no Banco
- -Pagar Online e realizar o tramite.
- O xustificante xerado online ou o impreso de pago no banco (selado pola entidade ou acompañado polo ingreso) ten que vir adxunto coa documentación ao CMUS.
-
Segundas especialidades
O alumnado que queira iniciar unha segunda especialidade deberá realizar a correspondente proba de acceso.
No caso de alumnado de primeiro curso deberá esperar a estar aceptado o seu acceso.
Recomendamos ao alumnado que estea a cursar segundas especialidades que consulte o número de matrículas antes de cubrir a documentación. 986 78 35 70
-
Alumnado con materias pendentes
O alumnado que teña algunha materia pendente, deberá esperar para matricularse a realizar as probas extraordinarias.