Acceso a outros cursos de grao elemental

O mesmo Decreto 198/2007 regula o acceso a outros cursos no artigo 8º:

1. Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso a outro curso do grao elemental estará supeditado á existencia de prazas vacantes na especialidade solicitada.

2. Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza.

3. En todo caso, para o acceso aos cursos do grao elemental a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

4. En tódalas especialidades as probas constarán de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:

  • a) Interpretación de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal.
  • b) Exercicio teórico-práctico para avaliar a capacidade auditiva e vocal, así como os coñecementos de linguaxe musical.

 

5. No desenvolvemento das probas, o exercicio instrumental farase en primeiro lugar. Cada exercicio puntuarase de 1 a 10 puntos. Necesitarase un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados os dous exercicios, procederase ao cálculo da media ponderada, que se axustará aos seguintes porcentaxes:

a) Interpretación instrumental: 60 por cento.

b) Exercicio auditivo, vocal e de linguaxe musical: 40 por cento.

A Circular 4/2008 da Xunta de Galicia regula as probas de acceso ao grao elemental de música e desenvolve os puntos anteriores. Para o Curso 2021/2022 as datas serán marcadas polo CMUS atendendo ás seguintes instruccións da Consellería.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Información Probas de Acceso a Outros Cursos

2024/2025

 

O Prazo de Matrícula será do 17 ao 21 de xuño.

Hai dúas vías para matricularse nas probas:

  1. De xeito presencial: Entregando a documentación no CMUS Profesional de Lalín (En horario de 16:00 a 21:00).
  2. De xeito non presencial: Realizando unha Instancia Xeral na Sede Electrónica do Patronato de Lalín https://padroadolalin.sedelectronica.gal/ e axuntando a documentación requirida. É necesario ter Certificado Dixital.

1. Documentación a entregar

(importante que estea cuberta completamente e asinada)

 

2. Pagamento da Taxa

O pago das taxas do CMUS Profesional de Lalín realizarase mediante a sede electrónica do Concello de Lalín.

  • Na páxina do Concello www.lalin.gal
  • Na parte superior dereita seleccionamos sede electrónica
  • Baixamos a páxina e atopamos en Enlaces de Interés a Sede Tributaria Concello de Lalín e facemos clic en OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA Y PAGO DE TRIBUTOS
  • En Recibos e Impuestos seleccionamos Autoliquidaciones Enseñanzas Patronato.
  • Cubrimos o modelo sen deixar ningún campo obrigatorio. Importante o Interesado é o/a alumno/a.
  • Seleccionamos Si en Prueba de Acceso
  • Facemos clic en Calcular.
  • Temos 2 opcións
    • Imprimir Recibo e pagar no Banco
    • Pagar Online e realizar o tramite.
  • O xustificante xerado online ou o impreso de pago no banco (selado pola entidade ou acompañado polo ingreso) ten que vir adxunto coa documentación ao CMUS.

 

3. Desenrolo das probas

 

  • Martes día 25 de xuño PROBAS INSTRUMENTAIS.

    • O horario desta proba é individual e será enviado á dirección de email que se indique no impreso de matrícula das probas de acceso, tamén estará dispoñible o día 24 chamando ao CMUS.
    • Grao Elemental: 2 obras e 1 primeira vista.

  • Mércores día 26 de xuño PROBAS TEÓRICO-PRÁCTICAS.

    • Todo o alumnado presentarase ás 16:00 horas co material necesario para a realización da proba (lapis, goma e bolígrafo).

 

Oferta de Prazas

Oferta de Prazas 2024/25