Para o acceso ao grao elemental o CMUS ríxese pola normativa do Decreto 198/2007, publicado no DOG nº 207 do 25 de outubro de 2007. No artigo 7º indica o seguinte:
1. Para acceder ás ensinanzas de grao elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garanta os principios de igualdade, mérito e capacidade.
2. O procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais. En todo caso, a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.
3. A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:
- a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.
- b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
- c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.
4. A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados no punto anterior como o conxunto da proba globalmente.
A Circular 4/2008 da Xunta de Galicia regula as probas de acceso ao grao elemental de música e desenvolve os puntos anteriores. Para o Curso 2021/2022 as datas serán marcadas polo CMUS atendendo ás seguintes instruccións da Consellería.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Información Probas de Acceso a 1º do Grao Elemental
2024/2025
O Prazo de Matrícula será do 17 ao 20 de xuño.
A matrícula é gratuita e realizarase chamando ao teléfono do CMUS 986783570 en horario de 16:00 a 21:00.
Teremos unhas xornadas de portas abertas o xoves 20 de xoves para que os rapaces e rapazas interesados poidan coñecer o Centro, os docentes e a nosa oferta formativa.
As probas realizaranse o venres 21 de xuño no CMUS Profesional de Lalín.