Situado en Bustelos, parroquia de Vilatuxe, dende el pode verse o curso do río Deza e a súa unión co rego de Grobas. A aldea de Porto Martín. As devesas de Ameixedo, Bustelos e Moa. Tamén o Coto de Zobra, o monte Coco e os montes do Testeiro. Asi como unha panorámica de Lalín.
Está localizado a quilómetro e medio da aldea de Bustelos indo a pé polo camiño de terra que vai dende a capela cara o depósito da auga.