Emprego

Servizo Municipal de Emprego
Imagen Servizo Municipal de Emprego

O servizo Municipal de Emprego está ubicado na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787060.

É un servizo dependente da Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego, desenvolve unha serie de programas e accións interrelacionadas que engloban a totalidade dos procesos de busca e creación de emprego.

É un instrumento da política de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo que busca optimizar os recursos dispoñibles para acadar unha maior eficacia das medidas a favor do emprego.

OBXECTIVOS:

  • Fomentar o emprego e mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo.
  • Favorecer, dunha forma especial, os colectivos con especiais dificultades de inserción
  • Elevar os niveis de formación e cualificación profesional.
  • Impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora
  • Desenvovler os novos xacementos de emprego.

ORIENTACIÓN LABORAL

  • Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de busca activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría
  • Servizo de apoio na procura de emprego aos demandantes remitidos desde o Servizo Público de Emprego de Galicia.

FORMACIÓN

  • Accións formativas destinas a mellorar a cualificación profesional, a reciclaxe ou a especialización dos cidadans desempregados ou ocupados, adaptando a oferta formativa aos requirimentos do mercado de traballo e facilitándo a súa inserción laboral ou promoción profesional.

INTERMEDIACIÓN

  • Desenvolvemento dun sistema sistema de intermediación entre a oferta e a demanda. Proceso:
  • Recepción da oferta de emprego: A empresa solicitante, ben a través de correo electrónico ou chamada telefónica, fainos chegar a oferta de traballo, para o cal debe cubrir o FORMULARIO DE ALTA DUNHA OFERTA DE EMPREGO.
  • Busca de candidatos: Análise das características solicitadas pola empresa e busca das persoas candidatas que reúnan o perfil solicitado.
  • Contacto cos/as potenciais candidatos/ás: Poñémonos en contacto, por correo electrónico ou por teléfono, coas persoas resultantes da busca para comunicarlles a oferta de traballo recibida
  • Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo.
  • Seguimento telefónico á empresa para coñecer a situación da selección.

ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES

  • Programa de apoio a persoas emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial mediante o desenvolvemento de actuacións encamiñadas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se encontran no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa.

Novas

Imaxe: OS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO SENDAS II DA MODALIDADE DE FORESTAIS ATÓPANSE RESTAURANDO OS MUÍÑOS DO PASEO DO PONTIÑAS

OS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO SENDAS II DA MODALIDADE DE FORESTAIS ATÓPANSE RESTAURANDO OS MUÍÑOS DO PASEO DO PONTIÑAS Están a acometer melloras de acondicionamento nos dous muíños que se atopan na entrada do paseo e o que se atopa a carón da depuradora As lousas...

Imaxe: REVISTA PROXECTO LALINNOVA 2021-2022

REVISTA PROXECTO LALINNOVA 2021-2022 Revista divulgativa do programa de emprego "PROXECTO LALINNOVA", elaborada polo alumnado da especialidade de informática.

Imaxe: INFORMACIÓN Obradoiro Dual de Emprego

INFORMACIÓN Obradoiro Dual de Emprego "SENDAS II"

Ver más
km0