DIPLOMA DE ASISTENCIA E CRÉDITOS

O alumnado terá dereito a un diploma no que constará o título do curso, o número de horas (30) e a asistencia.

 

A USC recoñece este curso de verán con 2 créditos ECTS para o seu alumnado, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito.

 

É requisito tanto para a obtención do diploma como dos certificados de crédito, a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas e é responsabilidade da dirección do curso o control de dita asistencia ao inicio de cada tramo (mañá - tarde) que quedará reflectida nunha acta. A organización da Universidade de Verán encargarase de remitir por correo electrónico ás persoas que consten como “aptas” nas actas tanto os diplomas como, no seu caso, os certificados de crédito, en formato dixital con sinatura electrónica.

 

Está solicitado o recoñecemento deste curso, como actividade homologada de formación permanente do profesorado non universitario por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional.