Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela.
Integrante do Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (GEFIL) e do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX).
As súas principais liñas de traballo céntranse nas pedagoxías feministas, o enfoque ecofeminista na educación, a investigación en violencias de xénero e relacións de parella e as pedagoxías feministas ecoanimais, das cales xorden a maioría das publicacións e proxectos realizados.