SUSI PAYO NEGRO
Imagen SUSI PAYO NEGRO

Axente de Igualdade e Co-Directora do Curso de Verán

Axente de Igualdade da Oficina de Igualdade do Concello de Lalín dende 2003.

 

Mestra en Educación Infantil pola USC.

 

Psicopedagoga pola USC.

 

Master en Axente de Igualdade de Oportunidades: Xénero e Educación Social pola USC.

 

Experta en diversas materias relacionadas coa Igualdade e o Xénero, Violencia de Xénero, Conciliación e Corresponsabilidade, LGBTIfobias, ...

 

Formadora de formadores, profesionais, alumnado e profesorado en diversos centros de Galicia, Familias e público en xeral.

 

Promotora e Directora /Secretaria das 18 edicións do Curso de Verán da USC-Oficina de Igualdade "Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades" dende o seu inicio.

 

Promotora dos Programas Socieducativos de Xénero, Igualdade, Coeducación, Redes Sociais e Violencias do Concello de Lalín.

 

Promotora do Orgullo* de Lalín e dos Seminarios de Educación Sexual e Disidencia.

 

Promotora de campañas de formación e sensibilización en materia de igualdade en diversos formatos, campañas, materiais dixitais, exposicións, manuais, etc.