Cordobés nado en Cabra, fillo de Amparo e Rafael, pai de Abel, é Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Córdoba e membro da Rede Feminista de Dereito Constitucional.
É membro da Comisión de Igualdade da devandita Universidade, na que participou na redacción da súa I e II Plan de Igualdade, así como do seu Protocolo contra o acoso sexual e por razón de sexo.
Forma parte do Comité de Expertas e expertos do Instituto Europeo de Igualdade de Xénero.
As súas liñas de investigación prioritarias son o principio de igualdade e as diferenzas, a transformación das masculinidades e a revisión do concepto de cidadanía desde o mandato de paridade.
En 2017 recibiu o Premio Home Progresista do Ano, concedido pola Federación de Mulleres Progresistas de España, e en 2019 o Premio Alicia Salcedo, outorgado polo Colexio de Avogados de Oviedo polos seus traballos sobre igualdade de xénero.
En 2021 foi nomeado Socio de Honra de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas)
Entre as súas publicacións cabe destacar:
El hombre que no deberíamos ser (2018)
La gestación para otros (2018)
#WeToo: Brújula para jóvenes feministas (2019)
Igualdad, género y Derecho (2019)
En 2017 publicó su primera novela titulada Autorretrato de un macho disidente.
En 2021 publicó dos libros: LA VIDA EN COMÚN: LOS HOMBRES (QUE DEBERÍAMOS SER) DESPUÉS DEL CORONAVIRUS y AL AMPARO DEL FEMINISMO: Conversaciones con Amparo Rubiales.
Posteriormente, JOHN WAYNE QUE ESTÁS EN LOS CIELOS: MASCULINADES, CINE Y FEMINISMO (2022).
En 2024 publicou o libro de narrativa YO, NOSOTROS. DIARIO DE MASCULINIDADES POR DESARMAR (Editorial Cántico) e o ensaio xurídico EL ORDEN DE GÉNERO DE LA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA, en co-autoría con Ruth Rubio.
O seu blog persoal é www.lashoras-octavio.blogspot.com Pódelo seguir en redes sociais como Instagram ( @octaviowetoo ) e Twiter (@salazar_octavio).