MABEL LOZANO
Imagen MABEL LOZANO width: 100%;

Guionista, Produtora e Directora de Cine Social.

 

Directora e guionista. Documentalista comprometida cos dereitos humanos e a igualdade.

 

En 2007, Mabel Lozano escribía e dirixía a súa primeira longametraxe documental: “Voces contra la trata de mujeres”. Un traballo no que denuncia a compra-venta de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

Obtivo numerosos galardóns e un gran recorrido internacional da man de Amnistía Internacional e Médicos del Mundo, co obxectivo de sensibilizar e concienciar contra esta lacra, ao mesmo tempo, converteuse nunha importante ferramenta para formar a corpos de seguridade, xuíces, xuízas e fiscais.

 

Na súa curtametraxe “Escúchame”, que tamén obtivo numerosos premios, entre outros, foi gañadora do premio Sal a Escena outorgado polo Ministerio de Sanidade, aborda novamente a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

 

Entre os seus traballos tamén podemos atopar os documentais: “La teoría del espiralismo” 2009, protagonizado por cinco deportistas paralímpicas; “Las sabias de la tribu” 2010, unha homenaxe ás xeracións de mulleres da posguerra que loitaron polos seus dereitos; “Madre” 2012, documental sobre maternidade do século XXI; “Proyecto chicas nuevas 24 horas” 2015, sobre o tráfico e explotación sexual de mulleres é unha coprodución entre Argentina, Colombia, Paraguay, Perú e España;Biografía del cadáver de una mujer” 2020, no que denuncia o asasinato de Yamiled Giraldo diante do seu fillo de 14 anos, encargado por un proxeneta desde o cárcere. Gañadora dos Premios Goya 2021 eAVA” Gañadora dos Premios Goya 2024.

 

Pola súa labor como documentalista, obtivo entre outros, o premio Avanzadoras de Oxfam Intermon, e en 2013 recibiu a Cruz ao Mérito Policial con Distintivo Blanco polos seus traballos audiovisuais contra a trata de persoas e a favor dos Dereitos Humanos.

 

Autora dos libros:

El proxeneta (2017)

PornoXplotación (2020)