EVA CERNADAS
Imagen EVA CERNADAS width: 100%;

Prof. da Área Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC.

 

Profesora de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial e investigadora vinculada ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

Investiga no deseño de novas técnicas de visión por computador e aprendizaxe automática para resolver problemas no ámbito da bioloxía, tecnoloxía dos alimentos ou medicina. Ver o seu perfil no CiTIUS (https://citius.gal/es/team/eva-cernadas-garcia/) ou no portal de investigación da USC (https://investigacion.usc.gal/investigadores/58643/detalle) para máis información.

 

Tamén pertence o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC desde 2022.

 

Participa activamente na promoción da igualdade de xénero desde a súa especialidade en intelixencia artificial impartindo conferencias de divulgación, promovendo a igualdade de xénero nas aulas universitarias, sendo premiada pola USC en 2021 pola introdución da perspectiva de xénero na docencia da intelixencia artificial, ou deseñando obradoiros destinados a educación infantil, primaria e ESO para aprender como se constrúe a enxeñaría, a informática e a intelixencia artificial máis aló do simple uso da tecnoloxía.

 

Nesta liña participa no programa “Unha enxeñeira ou científica en cada cole” (https://unhaencadacole.gal/), organizado pola Oficina de igualdade de xénero da USC, e propuxo o obradoiro “A arte e o xogo para educar en enxeñaría desde a infancia” (https://obradoiro-11f.pages.citius.gal/) para estudantes de 5 a 8 anos, e o obradoiro “A informática e a vida” (https://tec.citius.usc.es/ainformaticaeavida/) para estudantes de 9 a 14 anos.

 

Deseño e promoción do concurso INFORMATÍZATE destinado a estudantes non universitarios, organizado pala Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC (https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria/premio-informatizate) desde 2021.