SORAYA CALVO GONZÁLEZ
Imagen SORAYA CALVO GONZÁLEZ width: 100%;

Investigadora e Profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Oviedo.

 

Doutora en Equidade e Innovación en Educación polas Universidades de Oviedo, Cantabria, Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña (Sobresaliente CUM LAUDE e Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Oviedo).

Máster en Comunicación y Educación en la Red (UNED),

Máster en Intervención e Investigación Socioeducativa (UniOvi) e Título Propio en Sexología (UAH-INCISEX).

Licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Maxisterio (UniOvi).

Investigadora Visitante na Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid durante o curso académico 2022-2023. Desde 2018 Profesora Axudante Doutora no dpto. de Ciencias da Educación da Universidade de Oviedo, impartindo docencia no Grao en Pedagoxía e en estudos de Máster Universitario (Formación do Profesorado de ESO, Bach. e FP., Intervención e Investigación Socioeducativa e Investigación e Innovación en Educación Infantil e Primaria). Anteriormente (2012-2018) Investigadora Predoutoral Severo Ochoa (FICYT) e Profesora Asociada na mesma entidade.

Diversas publicacións en revistas académicas, incluíndo indexacións en WOS e SCOPUS e artigos en libros de editoriais prestixiosas como Octaedro, Gedisa, McGrawHill ou Graó.

Ampla difusión en congresos, boa parte deles de carácter internacional. Varias membresías en comités científicos e/ou coordinadores. Resaltable un relatorio maxistral en congreso internacional en México, así como achegas a congresos en países como Suecia ou Portugal.

Investigadora en proxectos de investigación financiados tanto europeos como nacionais, e vinculación a varios proxectos de innovación docente. Autora de materiais divulgativos relacionados con xénero e educación sexual para entidades públicas.

Experta en investigacións sobre educación sexual e xénero e revisora de revistas indexadas e relevantes. Avaliadora de proxectos e programas para a OEI ou a OMS, entre outros. Estancias en universidades de Malmö (Suecia), A Habana (Cuba), Hidalgo (México), O Porto (Portugal) e UCM.

Máis de 6 anos acreditados de experiencia extraacadémica, incluíndo formación continua a docentes e profesionais da educación e accións socioeducativas en ámbito non formal.

Destacable a posta en marcha e coordinación até 2018 do Servizo de Orientación e Información Sexual «SOISEX» e do Punto Lila (atención a agresións sexistas) do Concello de Xixón e o deseño e desenvolvemento do programa Asexora WhatsApp.

Divulgadora en medios sociais e de comunicación e presidenta de Rixu: Asociación de Educación Sexual e Coeducación de Asturies.