Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

cabecera xuventude

Xuventude

imagen interna principal concejalia

A Oficina Municipal de información Xuvenil está ubicada na Casa do Concello de Lalín, na Praza de Galicia, nº1.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787052 e enderezo electrónico xuventude@lalin.org.

A misión da Concellería de Xuventude é favorecer a inserción social e económica dos mozos dende a participación, para isto é recomendable presentar un Plan Anual de Actividades, estas actividades poden estar organizadas tanto pola propia Concellería como por asociacións ou colectivos. Se os mozos/as son os destinatarios de todo o traballo que desenvolve a Concellería, tamén os consideramos suxeitos activos, tanto na toma das decisións que lles afectan como na xestión dos proxectos e accións que se poñan en marcha. Deste modo, a Concellería de Xuventude debería contar coa participación dos mozos, individual e colectivamente, a través das súas Asociacións e do futuro Consello Municipal de Xuventude, no que se integrarán..

Sobre estes tres piares - participación, xestión cos mozos e coordinación, aséntase o traballo da Concellería de Xuventude, que se pretende poñer en marcha as seguintes propostas:

* Obter máis participación dos mozos, mediante a súa incorporación ó Consello Municipal da Xuventude.

* Favorecer o acceso ó emprego, mediante programas que favorezan a creación de postos de traballo, o autoemprego, a iniciativa empresarial e a formación entre a xuventude.

* Facilitar o acceso á vivenda, poñendo ó seu servicio información e asesoramento de balde no tocante a axudas , etc.

* Impulsar as relacións internacionais e intercambios entre mozos, poñendo especial énfase na participación de Programas da Unión Europea para a xuventude.

* Axudar ós mozos a definir os seus itinerarios formativos, mediante a información e o asesoramento en materia de educación.

* Promover unha ocupación do ocio e o tempo libre mediante prácticas saudables e que favorezan la convivencia.

* Desenvolver accións dirixidas a evitar prácticas de risco entre a poboación xuvenil e que contribúan ó seu desenvolvemento integral e afirmación persoal, en definitiva, que melloren a súa saúde e calidade de vida.

Noticias

O CONCELLO ESTREARÁ A VINDEIRA FIN DE SEMANA O NOVO PARQUE INFANTIL DA CASA DA XUVENTUDE

Celia Alonso manifestou a súa satisfacción cos resultados dunha actuación que cualificou como moi necesaria para o desfrute integral dos nenos e nenas de Lalín e da que se van beneficiar a numerosos usuarios. A concelleira afirmou que esta iniciativa “permitirá seguirmos avanzando na aposta por unha vila máis humanizada e revitalizar unha área de lecer que presentaba múltiples carencias, entre elas de seguridade”. Ler máis

O CONCELLO INSTALA O SKATE PARK NA ZONA SUPERIOR DO APARCADOIRO ALDEA GRANDE

Esta iniciativa sumada ás xa postas en marcha nesta superficie logra transformar definitivamente a praza sobre o parking Aldea Grande nun punto de encontro e diversión saudable para os máis novos deixando lonxe os anos nos que estes espazos estaban abandonados e sen ningunha vida. Ler máis

O CONCELLO CEDE ESPAZOS PÚBLICOS PARA A PRÁCTICA DA ARTE URBANA DO GRAFITI

A iniciativa, tal e como explicou Nicolás González Casares, busca por un lado embelecer os entornos urbanos de zonas como a Praza Aldea Grande e, por outro, facilitarlle á mocidade que a practica o grafiti os espazos adecuados para as súas creacións. Ler máis

PARQUE INFANTIL DA CORREDOIRA E O MÓDULO DE PARKOUR DA PRAZA ALDEA GRANDE

Celia Alonso e González Casares supervisaron hoxe o avance destas actuacións que plasman o compromiso do Goberno municipal por incrementar os espazos para o ocio e desfrute saudable dos máis novos. A próxima semana tamén darán comezo as obras de mellora do parque da casa da xuventude que se levan a cabo cun investimento de 38 mil euros. Ler máis

O CONCELLO TRASLADA O “SKATE PARK” Á PRAZA ALDEA GRANDE PARA FACILITAR O SEU USO POR PARTE DOS MOZOS E MOZAS

Casares e Celia Alonso sosteñen que a ubicación no centro da vila desta pista, xunto coa creación no mesmo punto dun módulo de parkour e as outras instalacións de xogo transformarán esta superficie nun punto de encontro e diversión saudable para os máis novos e daranlle vida á zona. A actuación vén de ser contratada a unha empresa lalinense por 1.573 euros, é constitúe unha mostra máis da aposta do Goberno municipal por dotar dun maior aproveitamento a un dos máis grandes espazos públicos do centro de Lalín, anteriormente infrautilizado. Ler máis

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZAS NO PROGRAMA “CONCILIA NO NADAL 2018”

Desenvolverase os días 26, 27, e 28 de decembro e os días 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019 en horario de 09.00 a 14.00 horas, na casa da xuventude. As persoas interesadas poden facer as súas reservas nas oficinas do rexistro xeral do concello até o día 18 de decembro (inclusive) ou ben a través da sede electrónica. Vai destinado a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e á hora de reservar un posto terán prioridade as familias que acrediten maior necesidade de conciliación. Ler máis

O CONCELLO CONCLÚE A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA CUBRIR A PISTA DEPORTIVA DO GOLMAR E DAR RESPOSTA A UNHA IMPRESCINDIBLE DEMANDA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Rafael Cuíña salienta que é un proxecto que asume de maneira persoal para acelerar a súa tramitación, ante a falta de interese da Xunta de Galicia A proposta do Concello inclúe a maiores habilitar unha viseira que protexa aos nenos da choiva na zona de entrada e saída pola rúa Memorias dun Neno Labrego Nesta última zona, as empresas que concorran ao proxecto tamén poden presentar como mellora a realización dun peche lateral. A efectos de acelerar a tramitación, o documento será remitido esta mesma semana á Consellería de Educación para que o valide, e o Concello iniciará de inmediato a redacción do prego de licitación das obras. O alcalde explicou hoxe os detalles da iniciativa á dirección do centro e a representantes da ANPA. O proxecto ten un orzamento de preto de 150 mil euros, cantidade que se financiará con cargo aos remanentes municipais de 2017. Ler máis

O CONCELLO INICIA A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA CUBRIR A PISTA DEPORTIVA DO XESÚS GOLMAR

O alcalde visitou hoxe as instalacións onde se vai desenvolver unha iniciativa que ten un orzamento de preto de 150 mil euros. Esta cantidade financiarase con cargo aos remanentes municipais de 2017. Rafael Cuíña salienta que é un proxecto que lle fai especial ilusión xa que permitirá dar resposta a unha vella demanda da comunidade educativa, que a Xunta non foi quen de atender. Ler máis

COMPLETAS AS PRIMEIRAS QUENDAS DO CAMPAMENTO URBANO E DA ESCOLA DE VERÁN

En poucos días abrirase o prazo de inscrición para as segundas quendas, que se celebran do 16 ao 31 de xullo. Casares lembrou que o Concello oferta este ano un total de 284 prazas para rapazas e rapaces, das que máis de 90 son de balde co obxectivo de facilitar ao acceso a estas iniciativas. Ler máis

Intercambio Xuvenil YNCLUDE

Durante 8 días, 50 mozos e mozas de entre 16 e 21 anos procedentes de Lalín, Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Holanda e Serbia, debaterán sobre as causas que xeran a discriminación social de determinadas persoas ou colectivos, e que medidas, a nivel individual e colectivo se poden levar adiante para loitar contar estas discriminacións. ste encontro forma parte do programa anual de actividades institucionais organizadas a través da federación de municipios europeos irmanados “Linden saúda Linden”. Ler máis