cabecera xuventude

Curso de formación de voluntariado en InteRed Galicia

Volver a Actividades

Xoves, 20 Setembro 2012 07:35

Curso de formación de voluntariado en InteRed Galicia     
Xoves, 20 Setembro 2012 07:35

voluntariosIntered Galicia convoca a XVIII edición do Curso Taller de Voluntariado que se celebrará en Santiago de Compostela e no que poden participar estudantes maiores de 20 anos, profesionais do ámbito socioeducativo e todas aquelas persoas que queiran comprometerse na construción dunha cidadanía global e transformadora.

Os obxectivos do curso, que se celebrará do 20 de outubro de 2012 ao 13 de abril de 2013, son favorecer a reflexión sobre as estruturas que xeran desigualdade; propoñer alternativas solidarias cos pobos do sur e os sectores excluídos do norte para mellorar nas súas condicións de vida; e motivar para o compromiso e a participación cidadá na construción dun sociedade sostible, solidaria e equitativa.

O curso ten como temáticas diferentes disciplinas relacionadas co desenvolvemento e a participación cidadá: Análise da realidade, Dereitos Humanos, Interculturalidade, Equidade de Xénero, Educación para o Desenvolvemento, Cooperación ao Desenvolvemento e Xogos Cooperativos son os talleres de formación.

O prazo para maticularse estará aberto ata o 11 de outubro de 2012
Máis información en www.intered.es