Preténdese que estean rematada para a celebración das festas das Dores, aínda que isto dependerá das posibles continxencias da obra. Agárdase causar as mínimas molestias posibles, mais o inicio das actuacións provocará restricións no tráfico ao seu paso por esta vía. Coa execución deste ambicioso proxecto, o Goberno de Lalín segue dando pasos de cara un modelo de vila máis humanizado, aumentando o elevado potencial de desenvolvemento social que xa ten de por si a zona. Ler máis