Trátase dun novo proxecto que se levará a cabo no marco do denominado “Plan Candán”, destinándose nesta fase un total de 102.006,59 euros.
Servirá para acondicionar camiños, mellorar a seguridade viaria nalgúns puntos, acometer drenaxes e mellorar sumidoiros, cubrir de xeito estético colectores do lixo e incluso retirar vertedoiros ilegais para converter a superficie nun espazo de uso lúdico.
A única actuación deste proxecto contemplada fóra da Rede Natura levarase a cabo en Filgueira co arranxo do acceso ao centro social e do camiño que o comunica co polígono Lalín 2000.
González Casares destacou o esforzo realizado polo Concello dentro do Plan Candán destinando recursos a seguir incrementando os servizos nunha zona de gran valor ambiental onde os veciños tamén deben contar coas condicións de habitabilidade adecuadas. Ler máis