O proceso de licitación guiarase pola modalidade aberta simplificada, destinando o Concello de Lalín un total de 89.443,08 euros a esta actuación. Se o procedemento discorre segundo o previsto a obra podería estar finalizada a finais de ano.
González Casares lembrou que o montante total que se prevé destinar ao Plan de recuperación social do Manuel Rivero ascende a máis dun millón de euros.
Permitirá desenvolver diferentes actuacións para poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados. Ler máis
A proposta do executivo contempla o estacionamento totalmente de balde nas franxas horarias de entre as 10.00 e as 13.00 horas e entre as 17.00 e as 20.00, de luns a venres, excepto festivos.
Con esta medida garántese a cobertura dos intervalos diarios de maior intensidade circulatoria e maior actividade comercial.
Cuíña, Casares e Teresa Varela explican que a iniciativa aumentará o uso da instalación, evitará desprazamentos innecesarios en coche e incrementará as posibilidades do comercio local. Ler máis
A concelleira de Parques e Xardíns salienta que a proposta permitirá poñer en valor un espazo neurálxico, facñendoo máis atractivo, accesible, equilibrado e funcional.
O alcalde significa a revitalización e rexuvenecemento desta zona urbana cun deseño máis aberto e xogos adaptados ao entorno.
Membros do estudio de arquitectura Promove presentaron esta semana a iniciativa ao tenete de alcalde e á edil de Parques e Xardíns.
A actual fonte integrarase no terreo, converténdose nun montículo para zona de xogos, pero conservando os seus elementos diferenciadores.
O Concello xa solicitou os correspondentes permisos a Patrimonio, para poder sacar a licitación as obras no menor prazo de tempo. Ler máis
As obras comezarán coa reconstrución das beirarrúas, un proxecto que quedou hoxe publicado na Plataforma de Contratacións do Estado, o que abre un prazo de 20 días para a presentación de ofertas empresarias.
Francisco Vilariño explicou que a iniciativa segue a liña dunha serie de actuacións que permitirán homoxeneizar e mellorar o aspecto de varias das arterias máis importantes do casco urbano. Ler máis
As actuacións foron adxudicadas á empresa Rafer cun investimento de preto de 40 mil euros.
Francisco Vilariño explica que a iniciativa é a primeira dunha serie de actuacións que permitirán homoxeneizar e mellorar o aspecto de varias das arterias máis importantes do casco urbano.
Os traballos consistirán na reposición do firme e na reconstrución das beirarrúas.
A intervención non implicará cambios na dirección de circulación e seguirase permitindo o estacionamento de vehículos en ambas marxes. Ler máis
Francisco Vilariño supervisou hoxe os traballos que permitirán mellorar considerablemente a imaxe destes elementos urbanos e dun espazo neurálxico e moi transitado.
O proxecto dá continuidade ás actuacións xa realizadas nos últimos meses nas rúas Principal, Joaquín Loriga, Matemático Rodríguez e Rosalía de Castro. Ler máis
As empresas BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS e BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS, presentaron de forma conxunta a oferta máis vantaxosas das 16 que concorreron ao procedemento.
Unha vez as compañías acheguen a documentación complementaria e se formalice o contrato, está previsto que as actuacións se inicien despois das festas de Lalín.
A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva. Ler máis
González Casares puxo de relevo a utilidade que alcanzará esta nova ferramenta, que permitirá mellorar e axilizar os servizos de atención públicos que ofrece o Concello de Lalín.
Esta iniciativa está incluída no Obxectivo Temático número 2 da estratexia Lalín Ssuma 21. Ler máis
A demolición desta infraestrutura é necesaria para a futura construción dun novo albergue de peregrinos e dunha praza; obras enmarcadas no Plan de Recuperación Social desta zona.
González Casares lembrou que este plan vai poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados e servirá para recuperar unha zona que levaba anos abandonada para o desfrute da veciñanza.
O derrube do edificio efectuarase de maneira ordenada e garantindo todas as condición de seguridade. Ler máis
Francisco Vilariño indicou que esta actuación responde á aposta sen precedentes do Goberno por mellorar as condicións do centro da vila e ao mesmo tempo dá cumprimento a unha demanda veciñal.
O investimento procede dos remanentes de 2017 e será levado para a súa aprobación ao próximo Pleno.
A actuación comprende a reposición de beirarrúas e a renovación do aglomerado, dando continuidade a proxectos como o de Alcalde Ferreiro, Pintor Colmeiro, Calvo Garra e Vidal Abascal. Ler máis