Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Urbanismo

A Oficina de Urbanismo está ubicada na pranta primeira do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención ao público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, Oficina de Urbanismo.

Noticias

PRIMEIRA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA ESTRATEXIA DUSI LALÍN SSUMA 21

No seu transcurso abordáronse varios puntos relacionados coa situación actual de desenvolvemento da estratexia. Ler máis

O CONCELLO ACOMETE NOVAS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA MOBILIDADE E A SEGURIDADE VIARIA

O obxectivo do proxecto como explicaron Casares e Vilariño, “é o de mellorar mediante unha actuación sinxela a seguridade de condutores e peón en puntos especialmente conflitivos. Con esta iniciativa o Goberno segue dando pasos en materia de accesibilidade e seguridade viaria, permitindo os desprazamentos a pé seguros e dándolle prioridade ás persoas por enriba dos coches. Ler máis

O CONCELLO ULTIMA A CONTRATACIÓN DOS ARRANXOS NAS RÚAS XESTEIRA, VIDAL ABASCAL E ALCALDE FERREIRO

O paquete de actuacións ten un orzamento de 221.630 euros e executarase como investimento financeiramente sostible. A adxudicación realizarase no prazo aproximado dun mes, procedendo a continuación ao comezo das obras. Francisco Vilariño indicou que este ambicioso proxecto responde ao interese do Goberno municipal por mellorar as condicións das vías urbanas e seguir avanzando en materia de mobilidade e accesibilidade. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN CONVOCARÁ UN CONCURSO DE PROXECTOS PARA A REHABILITACIÓN DA ÁREA DE INTERESE PATRIMONIAL E CULTURAL DE DONRAMIRO

Trátase dunha modalidade de concurso aberto e anónimo e dirixido a estudos de arquitectura. Os proxectos deberán definir as actuacións encamiñadas á recuperación, potenciación e posta en valor dunha zona de enorme importancia histórica, así como a establecer a súa relación co caso urbano e o paseo do Pontiñas. A intervención na zona de Donramiro vai ser unha das máis complexas e longas da estratexia DUSI, pero tamén unha das máis transformadoras e necesarias para a zona Ler máis

O CONCELLO DESTINARÁ MÁIS DE 26 MIL EUROS Á ELABORACIÓN DUN PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE

O concelleiro de Urbanismo salienta que este documento estratéxico permitirá realizar un diagnóstico acertado sobre a mobilidade urbana e establecer propostas concretas para actuar González Casares indica que o gran obxectivo desta iniciativa é favorecer a mobilidade e accesibilidade das persoas coa maior eficiencia enerxética e o menor impacto ambiental, e da forma máis segura e inclusiva posible. A Deputación de Pontevedra vén de conceder unha achega de 20 mil euros para o desenvolvemento deste proxecto. O Concello achegará a cantidade restante con fondos previos cunha modificación de crédito que se levará este mes a Pleno. A redacción deste proxecto é necesaria dentro do OT4 da estratexia LalínSsuma21 para promover unha economía baixa en carbono. Ler máis

16 EMPRESAS PRESÉNTANSE PARA A EXECUCIÓN DA NOVA FASE DE URBANIZACIÓN DA PRAZA DE GALICIA

A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva. Está previsto que a adxudicación deste proxecto se realice de xeito definitivo no prazo aproximado dun mes e medio. Ler máis

O CONCELLO PROLONGARÁ O PASEO DO PONTIÑAS NO MARCO DO CINTO VERDE PROXECTADO DENTRO DA ESTRATEXIA LALÍN SSUMA21

O incremento do percorrido realizarase co aproveitamento das parcela municipal existente á beira da Rolda Leste, do lago do Pontiñas e do centro comercial Deza. Para a definición desta iniciativa, o Concello mantén aberto o proceso para a contratación externa do anteproxecto. González Casares explica que o Cinto Verde permitirá avanzar cara un modelo de vila cunha mobilidade máis sostible e solucionará problemas de interconexión urbana. Ler máis

O CONCELLO ESTREA A NOVA IMAXE CORPORATIVA DA ESTRATEXIA EUROPEA LALÍN SSUMA 21

Trátase dunha imaxe corporativa forte, recoñecible e con moita presenza, atractiva visualmente e que engloba todos os eidos de actuación desta estratexia. Ler máis

LALÍN ESTARÁ REPRESENTADO EN TODOS OS GRUPOS DE TRABALLO E ORGANISMOS DE SEGUIMENTO DA REDE DE INICIATIVAS URBANAS

González Casares manifestou especial satisfacción pola posibilidade de que Lalín poida expresar a súa opinión en relación ás estratexias de desenvolvemento urbano, xuntamente con cidades de tanta relevancia como Barcelona, Sevilla ou Málaga. A reunión de presentación dos diferentes grupos terá lugar o día 25 de abril en Málaga. Ler máis

LALÍN ESTARÁ REPRESENTADO EN TODOS OS GRUPOS DE TRABALLO E ORGANISMOS DE SEGUIMENTO DA REDE DE INICIATIVAS URBANAS

González Casares manifestou especial satisfacción pola posibilidade de que Lalín poida expresar a súa opinión en relación ás estratexias de desenvolvemento urbano, xuntamente con cidades de tanta relevancia como Barcelona, Sevilla ou Málaga. A reunión de presentación dos diferentes grupos terá lugar o día 25 de abril en Málaga. Ler máis