Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Urbanismo

A Oficina de Urbanismo está ubicada na pranta primeira do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención ao público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, Oficina de Urbanismo.

Noticias

O CONCELLO APROBA O PREGO DE CLÁUSULAS PARA A CONTRATACIÓN DO PROXECTO DE DEMOLICIÓN DO ANTIGO COLEXIO MANUEL RIVERO

O proceso de licitación guiarase pola modalidade aberta simplificada, destinando o Concello de Lalín un total de 89.443,08 euros a esta actuación. Se o procedemento discorre segundo o previsto a obra podería estar finalizada a finais de ano. González Casares lembrou que o montante total que se prevé destinar ao Plan de recuperación social do Manuel Rivero ascende a máis dun millón de euros. Permitirá desenvolver diferentes actuacións para poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados. Ler máis

O GOBERNO APOSTA POLA GRATUIDADE DO PARKING EN GRANDES TRAMOS HORARIOS PARA MELLORAR A MOBILIDADE E FAVORECER O COMERCIO LOCAL

A proposta do executivo contempla o estacionamento totalmente de balde nas franxas horarias de entre as 10.00 e as 13.00 horas e entre as 17.00 e as 20.00, de luns a venres, excepto festivos. Con esta medida garántese a cobertura dos intervalos diarios de maior intensidade circulatoria e maior actividade comercial. Cuíña, Casares e Teresa Varela explican que a iniciativa aumentará o uso da instalación, evitará desprazamentos innecesarios en coche e incrementará as posibilidades do comercio local. Ler máis

O CONCELLO ACOMETERÁ A REFORMA DA PRAZA DA VILA CUN INVESTIMENTO DE 320 MIL EUROS

A concelleira de Parques e Xardíns salienta que a proposta permitirá poñer en valor un espazo neurálxico, facñendoo máis atractivo, accesible, equilibrado e funcional. O alcalde significa a revitalización e rexuvenecemento desta zona urbana cun deseño máis aberto e xogos adaptados ao entorno. Membros do estudio de arquitectura Promove presentaron esta semana a iniciativa ao tenete de alcalde e á edil de Parques e Xardíns. A actual fonte integrarase no terreo, converténdose nun montículo para zona de xogos, pero conservando os seus elementos diferenciadores. O Concello xa solicitou os correspondentes permisos a Patrimonio, para poder sacar a licitación as obras no menor prazo de tempo. Ler máis

O CONCELLO INICIARÁ A FINAIS DE OUTUBRO O ARRANXO INTEGRAL DA RÚA ALCALDE FERREIRO

As obras comezarán coa reconstrución das beirarrúas, un proxecto que quedou hoxe publicado na Plataforma de Contratacións do Estado, o que abre un prazo de 20 días para a presentación de ofertas empresarias. Francisco Vilariño explicou que a iniciativa segue a liña dunha serie de actuacións que permitirán homoxeneizar e mellorar o aspecto de varias das arterias máis importantes do casco urbano. Ler máis

O CONCELLO INICIARÁ O ARRANXO INTEGRAL DA RÚA PINTOR COLMEIRO DESPOIS DAS FESTAS

As actuacións foron adxudicadas á empresa Rafer cun investimento de preto de 40 mil euros. Francisco Vilariño explica que a iniciativa é a primeira dunha serie de actuacións que permitirán homoxeneizar e mellorar o aspecto de varias das arterias máis importantes do casco urbano. Os traballos consistirán na reposición do firme e na reconstrución das beirarrúas. A intervención non implicará cambios na dirección de circulación e seguirase permitindo o estacionamento de vehículos en ambas marxes. Ler máis

O CONCELLO ACOMETE O REPINTADO DOS FAROIS DA PRAZA DA IGREXA

Francisco Vilariño supervisou hoxe os traballos que permitirán mellorar considerablemente a imaxe destes elementos urbanos e dun espazo neurálxico e moi transitado. O proxecto dá continuidade ás actuacións xa realizadas nos últimos meses nas rúas Principal, Joaquín Loriga, Matemático Rodríguez e Rosalía de Castro. Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA POR MÁIS DE 139 MIL EUROS A EXECUCIÓN DA NOVA FASE DE URBANIZACIÓN DA PRAZA DE GALICIA

As empresas BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS e BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS, presentaron de forma conxunta a oferta máis vantaxosas das 16 que concorreron ao procedemento. Unha vez as compañías acheguen a documentación complementaria e se formalice o contrato, está previsto que as actuacións se inicien despois das festas de Lalín. A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva. Ler máis

LALÍN AVANZA NA POSTA EN MARCHA DUNHA NOVA APLIACIÓN DIXITAL PARA MELLORAR A XESTIÓN, A LOCALIZACIÓN E A RESOLUCIÓN DE DEFICIENCIAS

González Casares puxo de relevo a utilidade que alcanzará esta nova ferramenta, que permitirá mellorar e axilizar os servizos de atención públicos que ofrece o Concello de Lalín. Esta iniciativa está incluída no Obxectivo Temático número 2 da estratexia Lalín Ssuma 21. Ler máis

FINALIZA A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA A DEMOLICIÓN DO MANUEL RIVERO QUE SE INICIARÁ EN OUTONO

A demolición desta infraestrutura é necesaria para a futura construción dun novo albergue de peregrinos e dunha praza; obras enmarcadas no Plan de Recuperación Social desta zona. González Casares lembrou que este plan vai poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados e servirá para recuperar unha zona que levaba anos abandonada para o desfrute da veciñanza. O derrube do edificio efectuarase de maneira ordenada e garantindo todas as condición de seguridade. Ler máis

O CONCELLO PROXECTA A MELLORA INTEGRAL DA RÚA MONTE FARO CUN INVESTIMENTO QUE SOBREPASA OS 88 MIL EUROS

Francisco Vilariño indicou que esta actuación responde á aposta sen precedentes do Goberno por mellorar as condicións do centro da vila e ao mesmo tempo dá cumprimento a unha demanda veciñal. O investimento procede dos remanentes de 2017 e será levado para a súa aprobación ao próximo Pleno. A actuación comprende a reposición de beirarrúas e a renovación do aglomerado, dando continuidade a proxectos como o de Alcalde Ferreiro, Pintor Colmeiro, Calvo Garra e Vidal Abascal. Ler máis