Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Urbanismo

A Oficina de Urbanismo está ubicada na pranta primeira do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención ao público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, Oficina de Urbanismo.

Noticias

O CONCELLO INICIARÁ O ARRANXO INTEGRAL DA RÚA PINTOR COLMEIRO DESPOIS DAS FESTAS

As actuacións foron adxudicadas á empresa Rafer cun investimento de preto de 40 mil euros. Francisco Vilariño explica que a iniciativa é a primeira dunha serie de actuacións que permitirán homoxeneizar e mellorar o aspecto de varias das arterias máis importantes do casco urbano. Os traballos consistirán na reposición do firme e na reconstrución das beirarrúas. A intervención non implicará cambios na dirección de circulación e seguirase permitindo o estacionamento de vehículos en ambas marxes. Ler máis

O CONCELLO ACOMETE O REPINTADO DOS FAROIS DA PRAZA DA IGREXA

Francisco Vilariño supervisou hoxe os traballos que permitirán mellorar considerablemente a imaxe destes elementos urbanos e dun espazo neurálxico e moi transitado. O proxecto dá continuidade ás actuacións xa realizadas nos últimos meses nas rúas Principal, Joaquín Loriga, Matemático Rodríguez e Rosalía de Castro. Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA POR MÁIS DE 139 MIL EUROS A EXECUCIÓN DA NOVA FASE DE URBANIZACIÓN DA PRAZA DE GALICIA

As empresas BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS e BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS, presentaron de forma conxunta a oferta máis vantaxosas das 16 que concorreron ao procedemento. Unha vez as compañías acheguen a documentación complementaria e se formalice o contrato, está previsto que as actuacións se inicien despois das festas de Lalín. A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva. Ler máis

LALÍN AVANZA NA POSTA EN MARCHA DUNHA NOVA APLIACIÓN DIXITAL PARA MELLORAR A XESTIÓN, A LOCALIZACIÓN E A RESOLUCIÓN DE DEFICIENCIAS

González Casares puxo de relevo a utilidade que alcanzará esta nova ferramenta, que permitirá mellorar e axilizar os servizos de atención públicos que ofrece o Concello de Lalín. Esta iniciativa está incluída no Obxectivo Temático número 2 da estratexia Lalín Ssuma 21. Ler máis

FINALIZA A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA A DEMOLICIÓN DO MANUEL RIVERO QUE SE INICIARÁ EN OUTONO

A demolición desta infraestrutura é necesaria para a futura construción dun novo albergue de peregrinos e dunha praza; obras enmarcadas no Plan de Recuperación Social desta zona. González Casares lembrou que este plan vai poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados e servirá para recuperar unha zona que levaba anos abandonada para o desfrute da veciñanza. O derrube do edificio efectuarase de maneira ordenada e garantindo todas as condición de seguridade. Ler máis

O CONCELLO PROXECTA A MELLORA INTEGRAL DA RÚA MONTE FARO CUN INVESTIMENTO QUE SOBREPASA OS 88 MIL EUROS

Francisco Vilariño indicou que esta actuación responde á aposta sen precedentes do Goberno por mellorar as condicións do centro da vila e ao mesmo tempo dá cumprimento a unha demanda veciñal. O investimento procede dos remanentes de 2017 e será levado para a súa aprobación ao próximo Pleno. A actuación comprende a reposición de beirarrúas e a renovación do aglomerado, dando continuidade a proxectos como o de Alcalde Ferreiro, Pintor Colmeiro, Calvo Garra e Vidal Abascal. Ler máis

O CONCELLO INICIA A CONSTRUCIÓN DA NOVA ROTONDA ENTRE AS AVENIDAS MADRID E CUÍÑA

Trátase dunha actuación de máxima importancia que servirá para mellorar a fluidez do tráfico e incrementar a seguridade viaria para peóns e vehículos nun punto especialmente conflitivo. Está previsto que as obras finalicen antes de rematar o verán e desenvolveranse tratando de provocar as mínimas molestias e evitando os cortes de tráfico sempre que sexa posible. Ler máis

LALÍN SOLICITA QUE A XUNTA MELLORE AS CONEXIÓNS DE TRANSPORTE PÚBLICO ENTRE A ZONA RURAL E A URBANA

O Concello considera que a oferta actual non se axusta ás necesidades e a demanda real de servizos dos veciños. O tenente de alcalde acudiu esta semana a unha reunión convocada pola a Dirección Xeral de Mobilidade para reordenar servizos, subsanar carencias, optimizar os recursos dispoñibles e conxugar un mellor servizo aos cidadáns. Casares recordou tamén que a inclusión de Lalín no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia é unha das principais reivindicacións do Concello Ler máis

O CONCELLO PROXECTA A HUMANIZACIÓN E MELLORA INTEGRAL DA RÚA CALVO GARRA

Vilariño explicou que a actuación resume a filosofía do Goberno “con respecto ao que ten que ser o hábitat dunha vila na que os cidadáns teñen que ser os protagonistas e non os coches”. Ler máis

O CONCELLO PROXECTA MELLORAS NA ACCESIBILIDADE E NA MOBILIDADE URBANA DENTRO DA ESTRATEXIA DUSI LALÍN SSUMA 2

Esta intervención é a máis importante das enmarcadas dentro do Obxectivo Temático número 6 da estratexia Lalín Ssuma 21, que inclúe entre as súas actuacións a creación de pasarelas verdes de continuidade urbana continua e segura. Ler máis