Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Urbanismo

A Oficina de Urbanismo está ubicada na pranta primeira do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención ao público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, Oficina de Urbanismo.

Noticias

O CONCELLO PROXECTA A HUMANIZACIÓN DA RÚA CALZADA CUN INVESTIMENTO QUE SOBREPASA O 145 MIL EUROS

Permitirá mellorar de maneira integral esta vía acometendo tanto a reconstrución das beirarrúas de ambas marxes, como a reposición do firme da calzada e a mellora dos sumidoiros, os servizo e os sistemas de abastecemento. Francisco Vilariño puxo de manifesto que a intervención responde ao compromiso e á firme aposta do Goberno municipal por mellorar as rúas céntricas e lembrou que nesta materia o Concello está realizando un esforzo sen precedentes grazas ao que se vai mellorar completamente a imaxe de Lalín. O proxecto contempla o ancheamento das beirarrúas para incrementar as condicións de mobiblidade peonil e de accesibilidade. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA AO GDR A ACHEGA ECONÓMICA NECESARIA PARA A REAHABILITACIÓN DA PONTE DOS CABALOS

Lalín e Agolada manteñen un convenio para a recuperación desta infraestrutura a través dun proxecto orzamentado en 115.273 euros. Ler máis

O CONCELLO CONCLÚE A NOVA SENDA PEONIL DA ROLDA LESTE DOTÁNDOA DUNHA CAPA DE FORMIGÓN LISO PARA MELLORAR AS SÚAS CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE

En palabras de Francisco Vilariño, esta intervención ten unha importancia especial xa que mellora de xeito moi considerable as conexións peonís dunha zona de unión entre varias zonas de especial relevancia dentro vila. A actuación nos permite seguir avanzando en materia de accesibilidade e seguridade viaria, eliminando barreiras arquitectónicas e permitindo os desprazamentos a pé seguros. Ler máis

O CONCELLO INICIA A DEMOLICIÓN DO ANTIGO COLEXIO MANUEL RIVERO NO MARCO DO PROXECTO DE REXENERACIÓN URBANA DESTE BARRIO

Nicolás González Casares, supervisou esta mañá o inicio das actuacións e informou de que estarán concluídas no prazo aproximado dun mes. Como primeiro paso estase a proceder á retirada selectiva de enseres e mobiliario, así como elementos de tabiquería, falsos teitos, escaleiras etc. O montante total que se prevé destinar ao Plan de recuperación social do Manuel Rivero ascende a máis dun millón de euros, o que permitirá desenvolver diferentes actuacións para poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados. Ler máis

A PARROQUIA DE DOADE, ALDEA SINGULAR DO CONCELLO DE LALÍN 2019

O xurado valorou moi positivamente a súa conservación arquitectónica e, en especial, a súa intensa labor na recuperación do patrimonio histórico-cultural. Este galardón creouse para recoñecer a aquel núcleo rural que máis destaque polo coidado dos seus espazos, así como polo seu dinamismo social. A distinción será entregada dentro dos actos oficiais da LI Feira do Cocido. Os membros do xurado quixeron facer explícito o seu recoñecemento ao elevado nivel do conxunto das candidaturas presentadas. Ler máis

O CONCELLO DOTA A SENDA PEONIL DA ROLDA LESTE DUNHA CAPA DE FORMIGÓN LISO PARA MELLORAR AS SÚAS CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE

A actuación conta cun orzamento de máis de 46 mil euros e incrementará de xeito moi considerable as conexións peonís dunha zona de especial importancia para o tránsito a pé. Francisco Vilariño puxo de manifesto que a intervención nos permite seguir avanzando en materia de accesibilidade e seguridade viaria, eliminando barreiras arquitectónicas e favorecendo os desprazamentos a pé seguros. Ler máis

O CONCELLO RECUPERA A FONTE DE ACEVEDO EN ZOBRA

Tratábase dunha actuación moi demandada polos veciños e veciñas desta localidade, posto que a fonte levaba anos completamente inutilizada. Ler máis

O CONCELLO FINALIZARÁ O PLAN DE ACCESIBILIDADE DE LALÍN CUN NOVO INVESTIMENTO DE 26 MIL EUROS NA MELLORA DE BEIRARRÚAS EN VARIOS PUNTOS DO CASCO URBANO

A intervención comezará dentro de dúas semanas e incluirá a execución de rebaixes naqueles pasos de peóns e entronques de vías onde existen escalóns, así como a corrección de afundimentos e desperfectos nas plataformas peonís. Francisco Vilariño insistiu “no compromiso político do Goberno para conseguir que Lalín se converta nun dos municipios máis accesibles de Galicia” e remarcou que “grazas ao gran traballo que se veu desenvolvendo durante este mandato , Lalín xa é un referente nesta materia”. Ler máis

O CONCELLO ABRE UNHA NOVA ORDE DE EXECUCIÓN PARA QUE A SAREB DOTE DAS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE ADECUADAS UN INMOBLE INACABADO DA SÚA PROPIEDADE UBICADO NO SUE-4

González Casares puxe de relevo o esforzo do Goberno para activar as medidas necesarias para que se cumpra a lexislación e se conserven as condicións de seguridade e ornato dos edificios, evitando perigos para a cidadanía e loitando contra o deterioro urbanístico. No caso de incumprimento da orde, a administración municipal procederá á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables trimestralmente. Ler máis

UN TOTAL DE TRES CANDIDATURAS OPTAN Á DISTINCIÓN ALDEA SINGULAR DO CONCELLO DE LALÍN, QUE SE ENTREGARÁ O 24 DE FEBREIRO NOS ACTOS OFICIAIS DA FEIRA DO COCIDO

Repiten nesta cuarta edición as parroquias de Doade e Xaxán, mentres que tamén se presenta por vez primeira unha proposta da parroquia de Donsión O xurado ten previsto emitir o fallo o día 14 de febreiro. O galardón recoñecerá a aquel núcleo rural que máis destaque polo coidado dos seus espazos así como polo seu dinamismo social. O premio enmárcase dentro das medidas do Goberno para a promoción e recuperación do rural. Ler máis