Noticias

INICIO DO PROGRAMA “ACTÍVATE” NA RESIDENCIA DAS DORES CUNHA ACHEGA MUNICIPAL DE 5.120 EUROS

Ten o obxectivo de prestar asesoramento e atención integral ás persoas con alzhéimer así como ás persoas coidadoras coa finalidade de favorecer o mantemento duns niveis aceptables de autonomías das persoas con esta enfermidade e aportar ferramentas aos familiares que convivan con elas para unha maior calidade de vida. Ler máis

O CONCELLO ASINA CON APALC UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ACTÍVATE”

O acordo recolle unha axuda municipal de 5.120 euros que permitirán pór en marcha actividades de asesoramento e atención integral destinadas ás persoa con alzheimer e aos seu coidadores. O rexedor e o concelleiro de Benestar social tamén lembraron a tramitación por parte do Concello dunha axuda económica específica de 8 mil euros para a adquisición dun vehículo por parte de Apalc. O Goberno local atópase en cifras récord de colaboración no ámbito dos servizos sociais. Ler máis

O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS AO TRANSPORTE DE ESTUDANTES FINALIZA O PRÓXIMO MÉRCORES, DÍA 26

Existe a modalidade diaria para as persoas que empreguen o bus de luns a venres e a semanal, para as que empreguen os bonos dúas veces á semana. Para realizar as solicitudes, as persoas interesadas deberán presentar nas dependencias de Benestar Social ou no Rexistro Xeral do Concello de Lalín a documentación requerida. As axudas chegarán a cubrir ata o 75% do prezo do pase. Ler máis

AS AXUDAS MUNICIPAIS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO BENEFICIARÁN A MÁIS DE 170 MENORES DE LALÍN

O Concello está na fase final de resolución para que os bonos por valor de 80 euros cada un se poidan empezar a recoller entre finais de setembro e principios de outubro. Hai 28 solicitudes pendentes de achegar documentación, un trámite que aínda se pode realizar ata o vindeiro 20 de setembro. Ler máis

REMATA O VERÁN CUN DOS MAIORES ESFORZOS CONCILIADORES POR PARTE DO CONCELLO NA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

Uns 300 rapaces e rapazas participaron nos campamentos urbanos, no campamento do mar e na escola de verán. González Casares valorou moi positivamente o desenvolvemento das diferentes actividades e indicou que a intención do Goberno e seguir nesta liña de cara a próximos anos. Por primeira vez resérvanse prazas adaptadas nos campamentos urbanos para participantes con necesidades especiais. Ler máis

LALÍN SOLICITA QUE A XUNTA MELLORE AS CONEXIÓNS DE TRANSPORTE PÚBLICO ENTRE A ZONA RURAL E A URBANA

O Concello considera que a oferta actual non se axusta ás necesidades e a demanda real de servizos dos veciños. O tenente de alcalde acudiu esta semana a unha reunión convocada pola a Dirección Xeral de Mobilidade para reordenar servizos, subsanar carencias, optimizar os recursos dispoñibles e conxugar un mellor servizo aos cidadáns. Casares recordou tamén que a inclusión de Lalín no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia é unha das principais reivindicacións do Concello Ler máis

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO

As persoas interesadas teñen 15 días naturais a partir de mañá para tramitar as demandas. O Concello de Lalín destina un total de 18.000 euros a estas prestacións, que servirán para conceder 225 bolsas por valor de 80 euros cada unha. Ler máis

COMEZAN AS PRIMEIRAS QUENDAS DA ESCOLA DE VERÁN E DO CAMPAMENTO URBANO

O concelleiro de Benestar Social compartiu esta mañá co alumnado o comezo da escola de verán. González Casares puxo de relevo o esforzo do Concello na programación estival xuvenil, que se puxo en marcha cos obxectivos de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e de garantir a atención aos menores. O titular de Benestar adiantou que proximamente se vai presentar un novo paquete de iniciativas dirixidas a menores e á mocidade, que completarán a programación municipal estival. Ler máis

OBRADOIRO DE VIDEOCRACIÓN DENTRO DO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ADICIÓNS “AQUELAR”

A actividade celebrarse os días 3 e 4 de xullo para mozos e mozas de 14 a 30 anos. As persoas interesadas deben inscribirse previamente enviando un correo electrónico á dirección tania.tumbeiro@lalin.gal. Ler máis

COMEZA O PROCESO DE SELECCIÓN DAS 20 PERSOAS RECEPTORAS DA RISGA QUE CONTRATARÁ O CONCELLO A PARTIR DO 1 DE XULLO

Casares e Fernández destacaron a relevancia deste programa como nova oportunidade para persoas desempregadas, que ao mesmo tempo servirá para cubrir importantes necesidades operativas do Concello. Ler máis