Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

O CONCELLO ACTIVA O PROCESO PARA A POSTA EN MARCHA DE SERVIZOS DE CONCILIACIÓN ADAPTADOS ÁS NECESIDADES REAIS DA CIDADANÍA

Para o seu deseño contarase coa participación dos diferentes actores implicados e crearase unha mesa de traballo que permita identificar as necesidades de nais e pais e coordinar actividades e horarios. A empresa Retnova será a encargada de desenvolver a asistencia técnica para a posta en marcha do Plan Concilia Lalín, dentro da estratexia DUSI, Lalín SSUMA21. O Concello destinará á activación deste plan de marcado carácter social 217.500 euros dos 5 millóns dos fondos europeos FEDER concedidos a Lalín pola estratexia DUSI. “A posta en marcha deste programa xurde da necesidade de fomentar en Lalín a conciliación e de ordenar as actividades extraescolares, así como aportar outras máis novidosas”, explicou González Casares. Ler máis

O CONCELLO ASINA O CONVENIO CON SOGAPS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ

O acordo comprende unha axuda de 1.500 euros para financiar os custes da viaxe dos nenos e nenas acollidos por familias lalinenses. Ler máis

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA PRAZA NA VIAXE DE IRMANDAMENTO PARA MAIORES A ESCALDES-ENGORDANY

Hai un total de 30 postos dispoñibles e as solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lalín ou na sede electrónica con data límite o día 26 de abril. A adxudicación realizarase por sorteo no caso de que o número de persoas solicitantes supero o número de prazas ofertada. Ler máis

PERMANECE ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA DE TERMALISMO DEPOTERMAL

O período habilitado para tramitar as inscricións finaliza o día 18 de abril. Ler máis

O DESVÁN MUNICIPAL DEMANDA DOACIÓNS PARA A TEMPADA DE VERÁN E PARA ATENDER OUTRAS NECESIDADES QUE NON SE ESTÁN CUBRINDO AO 100%

As persoas que desexen realizar achegas poden acudir os xoves do mes de abril, en horario matinal de 10.00 a 13.00 horas e vespertino de 16.00 a 18.00 horas, para entregalas no desván. Precísanse, especialmente, carriños e roupa de bebé, roupa de nenos, nenas e home, así como roupa de cama en xeral. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN DESTINA 15 MIL EUROS A SUBVENCIONAR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO NO EIDO DOS SERVIZOS SOCIAIS

González Casares explica que esta iniciativa, xunto con outras medidas postas en marcha a favor da integración “reafirman a aposta e o compromiso deste Goberno cos servizos sociais”. As achegas permitirán desenvolver programas e actividades que beneficien a persoas e colectivos que se atopen en situación de desvantaxe. Ler máis

O CONCELLO RECUPERARÁ EN ABRIL AS AXUDAS AO TRANSPORTE DE ESTUDANTES TRAS A URXENTE ELABORACIÓN DE NOVOS CONVENIOS

Casares explicou que “o inxente traballo realizado dende Benestar Social permitiu chegar con rapidez a un novo acordo coas empresas e, porén, reactivar en breve prazo estas axudas”. Os convenios teñen vixencia ata maio de 2019, de tal xeito que as bonificacións están garantidas para este curso e par ao que vén. Ler máis

LALÍN E SILLEDA POÑEN EN MARCHA O PROGRAMA “AQUELAR” PARA A PREVENCIÓN DAS CONDUTAS ADICTIVAS

Entre os seus obxectivos están o de loitar contra as adiccións promovendo hábitos saudables, crear unha conciencia social sobre os efectos nocivos do consumo de drogas e incrementar a percepción do risco. O proxecto desenvolverase grazas a unha achega de case 50.000 euros da Consellería de Sanidade. Manuel Cuíña e Nicolás González Casares asinaron hoxe o convenio para o desenvolvemento desta iniciativa. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA UNHA AXUDA DE 9 MIL EUROS PARA ORGANIZAR OS CAMPAMENTOS DE VERÁN

Casares salienta que este ano o Goberno repetirá a súa firme aposta polos campamentos urbanos, que nos últimos anos gozaron dunha enorme acollida, co propósito de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN ADHÍRESE Á HISTORIA SOCIAL ÚNICA ELECTRÓNICA PARA MELLORAR A ATENCIÓN EN SERVIZOS SOCIAIS

Abarca o conxunto de informacións nas que se conteñen os datos e as valoracións de calquera tipo sobre a situación e a evolución da atención social dun usuario. Nicolás González Casares explicou que a súa aplicación vai ser moi positiva sobre todo para os traballadores sociais. Ler máis