Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

COMPLÉTANSE AS PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN E SEGUEN ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS DO MES DE AGOSTO

Xa se poden realizar inscricións para o campamento no mar que se desenvolverá en dúas quendas durante o mes de agosto con 60 prazas, das que 20 son de balde. Ler máis

O CONCELLO SEGUIRÁ INCREMENTANDO AS CIFRAS RÉCORD DE AXUDAS A ENTIDADES SOCIAIS DE LALÍN CON 16 MIL EUROS MÁIS

Nicolás González Casares anuncia que este mes se levará a Pleno unha modificación de crédito por esa cantidade Un total de 7.800 euros sumaranse aos 15 mil xa habilitados este ano para entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan programas e actividades destinados a persoas e colectivos que se atopen en situación de desvantaxe. Os 8.200 euros restantes destinaranse a concretar a colaboración con APALC para a adquisición dun vehículo adaptado. En 3 anos, entre estas e outras prestacións, o Goberno vai dedicar xa máis de 100 mil euros a axudas a entidades sociais. González Casares explica que estes datos e as medidas postas en marcha a favor da integración “reafirman a aposta e o compromiso deste Goberno cos servizos sociais”. Ler máis

FINALIZAN OS CURSOS FORMATIVOS DO CONCELLO DE LALÍN PARA FAVORECER A EMPREGABILIDADE DAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

Un grupo de participantes no curso de cooperativismo presentaron onte o seu proxecto de cooperativa relacionada co sector gastronómico que pretenden facer realidade. Ao longo desta semana tamén puxeron punto e final os cursos de alfabetización, riscos laborais, agricultura e gandaría, e obtención do permiso de circulación. González Casares destacou o éxito no eido da empregabilidade alcanzado por este programa formativo financiado cunha subvención de 19.844,50 euros da Consellería de Política Social. Ler máis

Nota de Prensa O CONCELLO INICIA ESTA SEMANA A DISTRIBUCIÓN DAS ENQUISAS ÁS FAMILIAS DO PLAN CONCILIA LALÍN

As consultas permitirán coñecer os intereses das familias con menores no ámbito da conciliación para poñer en marcha servizos que dean resposta ás súas necesidades e intereses reais. González Casares sinala que a enquisa ten lugar dentro do compromiso pola participación establecido en todos os apartados estratexia Lalín Ssuma 21. O tenente de alcalde puxo de relevo o esforzo do Goberno en materia de conciliación a través de medidas como o reforzo dos campamentos e as múltiples iniciativas incluídas nesta estratexia financiada con fondos europeos. Ler máis

O CONCELLO OFERTA ESTE ANO 284 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS E A ESCOLA DE VERÁN, CUN MÍNIMO DE 91 GRATUÍTAS, E CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 45 MIL EUROS

Por primeira vez resérvanse prazas adaptadas nos campamentos urbanos para participantes con necesidades especiais. O concelleiro de Benestar Social resalta o gran esforzo adaptado ás necesidades de Lalín mantendo as tres modalidades para o verán. Nicolás González Casares salienta que a Escola de Verán, que cumpre o seu cuarto ano, incrementará o seu horario e se consolida como un referente da política social do Goberno. As familias interesadas poderán realizar as preincripcións a partir do luns na casa consistorial. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN INICIA UN CICLO DE CURSOS FORMATIVOS PARA FAVORECER A INCLUSIÓN SOCIAL E LABORAL DE COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

O Concello de Lalín recibiu da Consellería de Política Social unha subvención por importe de 19.844,50 € para a realización de programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante. Na mañá de hoxe comezou o curso de autoemprego e cooperativismo impartido pola experta, Raquel Doallo e, pola tarde, o de adquisición de habilidades lingüísticas. Ler máis

CASARES ANUNCIA UNHA COLABORACIÓN RÉCORD COA APALC PARA SEGUIR FOMENTANDO O BENESTAR E A SAÚDE DAS PERSOAS MAIORES

Mantivo unha reunión coa directiva da entidade na que se pechou a colaboración do Concello para a adquisición dun vehículo de transporte adaptado. Ademais, o Concello realiza unha achega de 5 mil euros para o desenvolvemento de programas sobre alimentación e alzheimer. O colectivo tamén se beneficiará das axudas municipais a entidades sociais para as que está aberto o prazo de solicitude. O concelleiro fixo fincapé en que o Goberno local se atopa en cifras récord de colaboración no ámbito dos servizos sociais, un dos piares primordiais da actuación municipal. Ler máis

PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COAS ANPAS E ASOCIACIÓNS DO PLAN CONCILIA LALÍN

Serviu para avaliar, principalmente as necesidades, problemas e preocupacións máis importantes no eido da conciliación aos que se enfrontan os menores lalinenses da zona rural e do casco urbano. Ler máis

PERMANECE ABERTO ATA O XOVES O PRAZO PARA ANOTARSE NA VIAXE DE IRMANDAMENTO PARA MAIORES A ESCALDES-ENGORDANY

As solicitudes poden presentarse a través do rexistro do Concello de Lalín, ou a través da sede electrónica. Hai 30 prazas dispoñibles e a súa adxudicación realizarase por sorteo no caso de existira maior demanda que oferta. A viaxe celebrarase entre o 10 e o 14 de maio. Ler máis

O GOBERNO APROBA AS AXUDAS A ENTIDADES SOCIAIS ÁS QUE SE DESTINAN POR TERCEIRO ANO UN TOTAL DE 15 MIL EUROS

As achegas permitirán desenvolver programas e actividades que beneficien a persoas e colectivos que se atopen en situación de desvantaxe. Ler máis