Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Benestar

A Concellería de Benestar Social  está ubicada na segunda planta do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986780014.

Noticias

O GOBERNO DE LALÍN RENOVA O CONVENIO DE COLABORACIÓN CON ASPADEZA, QUE COMPROMETE UNHA ACHEGA ECONÓMICA MUNICIPAL DE 10 MIL EUROS

Por segundo ano consecutivo, o Concello alcanza esta cantidade para contribuír ao desenvolvemento do programa de atención a persoas con discapacidade que leva a cabo a entidade. Os usuarios de Aspadeza volverán participar nos traballos do Desván Municipal e nas tarefas de sinalización de Roteiros de Lalín. Cuíña e González Casares destacaron “a importantísima labor do colectivo, que é todo un referente na integración social das persoas con discapacidade”. Ler máis

Campaña “Ningún neno/a sen xoguete” 2018

1) Procurar que todos/as os/as nenos e nenas procedentes de unidades familiares en situación de desvantaxe social poidan recibir un agasallo en Reis. 2) Fomentar e promover accións solidarias entre os veciños e veciñas do Concello de Lalín e sensibilizalos da importancia deste tipo de actuacións como factor de progreso. 3) Crear e reforzar un tecido social solidario no Concello de Lalín do que formen parte non só persoas a nivel individual senón tamén institucións, asociacións e empresas do noso entorno. Ler máis

LALÍN DIVERSO PRESENTA A CAMPAÑA #ABRAZAADIVERSIDADE PARA DARLLE LUZ ÁS DIFRENETES CAPACIDADES QUE DIFERENZAN E AO MESMO TEMPO FAN IGUAIS A TODAS AS PERSOAS

A través dun vídeo no que participan usuarios e usuarias dos colectivos lalinenses que traballan con persoas con diversidade funcional, preténdese visibilizar que “a diversidade une e nos fai sentir tan diferentes como iguais ao resto de persoas”. A peza propón a participación do público mostrando o seu respaldo á iniciativa “Lalín Diverso”, mediante a publicación de fotografías de abrazos baixo a etiqueta #Abrazaadiversidade. Ler máis

LALÍN DIVERSO, UNHA INICIATIVA PARA DAR LUZ Á DISCAPACIDADE

González Casares puxo en valor esta iniciativa a prol da integración das persoas con diversidade funcional, destacando que non hai persoas con discapacidade, senón con capacidades diversas tal e como se amosará nunha xornada de diversión e sensibilización. Ler máis

O CONCELLO CONCEDE 22.800 EUROS A 8 ASOCIACIÓNS DO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS NUN NOVO RÉCORD HISTÓRICO DE AXUDAS MUNICIPAIS A ESTE S COLECTIVOS

Casares lembrou que coa entrega destas subvencións, o Goberno dedicou máis de 87.000 euros a axudas directas a entidades do eido dos servizos sociais nos últimos 3 anos. Este programa que se pon en marcha por terceiro ano consecutivo servirá para promover a iniciativa social, a participación comunitaria ou o asociacionismo solidario e a innovación en materia de prestación de servizos sociais. Ler máis

O CONCELLO ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DE “LALÍN DIVERSO” O DÍA 30 DE NOVEMBRO PARA SEGUIR DANDO LUZ Á DISCAPACIDADE

González Casares explicou que a iniciativa incluirá multitude de actividades dirixidas a público diverso como mostra de que o Concello de Lalín é un concello exemplar nesta cuestión. O concelleiro agradeceu a colaboración de Working Wheels, Morea, Aranes e Aspadeza nestas xornadas que que verán reforzada a súa programación. Ler máis

OS BENEFICIARIOS DAS BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO PODEN RECOLLER OS SEUS VALES NO CONCELLO

Concedéronse un total de 153 bolsas das que se beneficiarán 91 familias do municipio, por valor de 80 euros cada unha. Casares destacou que a concesión das becas se realizou seguindo diferentes criterios de valoración económicos e sociais para que estas axudas beneficien realmente a quen máis o precisa”. Ler máis

INICIO DO PROGRAMA “ACTÍVATE” NA RESIDENCIA DAS DORES CUNHA ACHEGA MUNICIPAL DE 5.120 EUROS

Ten o obxectivo de prestar asesoramento e atención integral ás persoas con alzhéimer así como ás persoas coidadoras coa finalidade de favorecer o mantemento duns niveis aceptables de autonomías das persoas con esta enfermidade e aportar ferramentas aos familiares que convivan con elas para unha maior calidade de vida. Ler máis

O CONCELLO ASINA CON APALC UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ACTÍVATE”

O acordo recolle unha axuda municipal de 5.120 euros que permitirán pór en marcha actividades de asesoramento e atención integral destinadas ás persoa con alzheimer e aos seu coidadores. O rexedor e o concelleiro de Benestar social tamén lembraron a tramitación por parte do Concello dunha axuda económica específica de 8 mil euros para a adquisición dun vehículo por parte de Apalc. O Goberno local atópase en cifras récord de colaboración no ámbito dos servizos sociais. Ler máis

O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS AO TRANSPORTE DE ESTUDANTES FINALIZA O PRÓXIMO MÉRCORES, DÍA 26

Existe a modalidade diaria para as persoas que empreguen o bus de luns a venres e a semanal, para as que empreguen os bonos dúas veces á semana. Para realizar as solicitudes, as persoas interesadas deberán presentar nas dependencias de Benestar Social ou no Rexistro Xeral do Concello de Lalín a documentación requerida. As axudas chegarán a cubrir ata o 75% do prezo do pase. Ler máis