Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Servizo Municipal de Emprego

O servizo Municipal de Emprego está ubicado na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787060.

É un servizo dependente da Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego, desenvolve unha serie de programas e accións interrelacionadas que engloban a totalidade dos procesos de busca e creación de emprego. 

É un instrumento da política de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo que busca optimizar os recursos dispoñibles para acadar unha maior eficacia das medidas a favor do emprego.

OBXECTIVOS:

  • Fomentar o emprego e mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo.
  • Favorecer, dunha forma especial, os colectivos con especiais dificultades de inserción
  • Elevar os niveis de formación e cualificación profesional.
  • Impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora
  • Desenvovler os novos xacementos de emprego.

ORIENTACIÓN LABORAL

  • Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de busca activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría
  • Servizo de apoio na procura de emprego aos demandantes remitidos desde o Servizo Público de Emprego de Galicia.

FORMACIÓN 

  • Accións formativas destinas a mellorar a cualificación profesional, a reciclaxe ou a especialización dos cidadans desempregados ou ocupados, adaptando a oferta formativa aos requirimentos do mercado de traballo e facilitándo a súa inserción laboral ou promoción profesional.

INTERMEDIACIÓN

  • Desenvolvemento dun sistema sistema  de intermediación entre a oferta e a demanda. Proceso:
  • Recepción da oferta de emprego: A empresa solicitante, ben a través de correo electrónico ou chamada telefónica, fainos chegar a oferta de traballo, para o cal debe cubrir o FORMULARIO DE ALTA DUNHA OFERTA DE EMPREGO.
  • Busca de candidatos: Análise das características solicitadas pola empresa e busca das persoas candidatas que reúnan o perfil solicitado.
  • Contacto cos/as potenciais candidatos/ás: Poñémonos en contacto, por correo electrónico ou por teléfono, coas persoas resultantes da busca para comunicarlles a oferta de traballo recibida. 
  • Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo. 
  • Seguimento telefónico á empresa para coñecer a situación da selección. 

ASESORAMENTO A  EMPRENDEDORES

  • Programa de apoio a persoas emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial  mediante o desenvolvemento de actuacións encamiñadas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se encontran no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa. 

Noticias

O OBRADOIRO DE EMPREGO INICIOU A FASE DE TRABALLOS EN OBRA PARA A REHABILITACIÓN DAS ANTIGAS VIVENDAS DO MANUEL RIVERO

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Emprego, José Manuel Fernández, realizaron hoxe unha visita ás antigas vivendas. Ler máis

LALÍN INCORPORA AOS 17 PRIMEIROS TRABALLADORES PARA A BRIGADA DE OBRAS CONTRATADOS ESTE ANO A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

Desta maneira, refórzase de maneira importante a brigada de obras e dáse resposta ás necesidades operativas do Concello. Foron recibidos polo alcalde e o concelleiro de Emprego. O resto dos empregados, ata completar os 31 solicitados, empezarán a desenvolver as súas tarefas nas próximas semanas, unha vez conclúan os procesos selectivos. Os contratos -que se prolongarán ata final de ano- permitirán mellorar a prestación de servizos públicos no Concello. Tamén ofrecen unha oportunidade laboral a desempregados, co que se avanzará no obxectivo de reducir as cifras do paro do municipio. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN REALIZARÁ ESTE ANO UN “ESFORZO SEN PRECEDENTES” PARA FOMENTAR A CREACIÓN DE EMPREGO NO MUNICIPIO

O Concello ten previsto destinar en 2018 preto de 1,4 millóns de euros a diferentes iniciativas que permitirán a contratación de 150 persoas. Cuíña indica que estes datos demostran que o Goberno está a dar unha resposta extraordinaria para reducir as cifras do paro en Lalín. Fernández lembra que o desemprego baixou en preto de 400 persoas dende inicio do mandato. Casares explica que o Concello vén de presentar unha nova solicitude á Xunta para a contratación de 20 persoas perceptoras da RISGA. O Concello segue á espera de que a Consellería de Economía autorice os plans municipais de emprego para mozos e parados de longa duración maiores de 45 anos. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN DESTINA 350.000 EUROS A UN PLAN DE EMPREGO PARA CONTRATAR A MÁIS DE 30 TRABALLADORES

Os fondos proveñen da liña 3 do Plan de Concellos da Deputación. O proceso selectivo dará comezo no mes de marzo para poder incorporar os novos operarios a principios de abril. O concelleiro de Emprego explica que os contratos -que terán unha duración aproximada de 9 meses- permitirán mellorar a prestación de servizos públicos no Concello e, ao tempo ofrecer unha saída laboral a persoas desempregadas. O alcalde incide en que o Goberno está a centrar os seus esforzos en desenvolver actividades que melloren a empregabilidade das persoas e as súas posibilidades de inserción laboral. Ler máis

DEPUTACIÓN E CONCELLO DE LALÍN PRESENTARÁN O DÍA 2 DE OUTUBRO NA CAPITAL DO DEZA A NOVA CAMPAÑA DE POTENCIACIÓN DO VIVEIRO

A Presidenta, Carmela Silva, e o alcalde, Rafael Cuiña, pecharon hoxe en Pontevedra una ampla batería de iniciativas destinadas a promover o emprendemento nas instalacións. Ler máis

O CONCELLO AVANZA NA TRAMITACIÓN DOS PLANS MUNICIPAIS DE EMPREGO PARA MOZOS E PARADOS DE LONGA DURACIÓN

O alcalde e a concelleira de Emprego mantiveron esta mañá en Santiago unha reunión co director xeral de Orientación e Promoción Laboral O Goberno ultima coa Xunta os detalles destas dúas iniciativas, para as cales se solicitou documentación adicional Cuíña agradece a boa disposición do Goberno galego para activar estes plans e lembra que estas dúas actuacións son prioritarias para dar resposta ás necesidades laborais dos veciños de Lalín Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN CREARÁ UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA CUBRIR BAIXAS E REALIZAR SUBSTITUCIÓNS DE PERSOAL MUNICIPAL

As bases da convocatoria foron publicadas este martes no BOPPO Poden consultarse a través dos seguintes enlaces: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/07/11/2017031009 e http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/07/11/2017031012 Ler máis

LALÍN INCORPORA OS 23 PRIMEIROS TRABALLADORES CONTRATADOS ESTE ANO A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

O resto dos empregados, ata completar os 37 solicitados, empezarán a desenvolver as súas tarefas nas próximas semanas, unha vez conclúan os procesos selectivos. Os contratos -que se prolongarán ata final de ano- permitirán mellorar a prestación de servizos públicos no Concello. Refórzase de maneira importante a brigada de obras e dáse resposta ás necesidades operativas do Concello. Tamén ofrecen unha oportunidade laboral a desempregados, co que se avanzará no obxectivo de reducir as cifras do paro do municipio. Ler máis

COMEZAN OS EXAMES PARA A CONTRATACIÓN DE 37 TRABALLADORES AO ABEIRO DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

Esta previsto que tras o proceso selectivo os novos empregados comecen a desempeñar as súas funcións na primeira quincena de xuño. Katia Procino salienta que, a través desta oportunidade, “o Goberno reforza as necesidades operativas do Concello e incrementa a calidade na prestación dos servizos. Ler máis

O GOBERNO TRABALLA NA CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DESTINADA Á COBERTURA DE BAIXAS DE PERSOAL ADMINISTRATIVO MUNICIPAL

Está previsto que o proceso selectivo comece antes do verán. A creación desta nova listaxe de contratación permitirá poder actuar con axilidade ante eventualidades no persoal do Concello, de modo que non se produzan desatencións en ningún servizo. Trátase dun un paso máis de cara a unha xestión de persoal áxil, efectiva e transparente. Ler máis