Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Servizo Municipal de Emprego

O servizo Municipal de Emprego está ubicado na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787060.

É un servizo dependente da Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego, desenvolve unha serie de programas e accións interrelacionadas que engloban a totalidade dos procesos de busca e creación de emprego. 

É un instrumento da política de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo que busca optimizar os recursos dispoñibles para acadar unha maior eficacia das medidas a favor do emprego.

OBXECTIVOS:

  • Fomentar o emprego e mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo.
  • Favorecer, dunha forma especial, os colectivos con especiais dificultades de inserción
  • Elevar os niveis de formación e cualificación profesional.
  • Impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora
  • Desenvovler os novos xacementos de emprego.

ORIENTACIÓN LABORAL

  • Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de busca activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría
  • Servizo de apoio na procura de emprego aos demandantes remitidos desde o Servizo Público de Emprego de Galicia.

FORMACIÓN 

  • Accións formativas destinas a mellorar a cualificación profesional, a reciclaxe ou a especialización dos cidadans desempregados ou ocupados, adaptando a oferta formativa aos requirimentos do mercado de traballo e facilitándo a súa inserción laboral ou promoción profesional.

INTERMEDIACIÓN

  • Desenvolvemento dun sistema sistema  de intermediación entre a oferta e a demanda. Proceso:
  • Recepción da oferta de emprego: A empresa solicitante, ben a través de correo electrónico ou chamada telefónica, fainos chegar a oferta de traballo, para o cal debe cubrir o FORMULARIO DE ALTA DUNHA OFERTA DE EMPREGO.
  • Busca de candidatos: Análise das características solicitadas pola empresa e busca das persoas candidatas que reúnan o perfil solicitado.
  • Contacto cos/as potenciais candidatos/ás: Poñémonos en contacto, por correo electrónico ou por teléfono, coas persoas resultantes da busca para comunicarlles a oferta de traballo recibida. 
  • Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo. 
  • Seguimento telefónico á empresa para coñecer a situación da selección. 

ASESORAMENTO A  EMPRENDEDORES

  • Programa de apoio a persoas emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial  mediante o desenvolvemento de actuacións encamiñadas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se encontran no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa. 

Noticias

O CONCELLO DÁ RESPOSTA ÁS DEMANDAS DO EMPRESARIADO LALINENSE COA EXECUCIÓN DE IMPORTANTES MELLORAS NO POLÍGONO LALÍN 2000

Francisco Vilariño supervisou o remate das actuacións postas en marcha no parque empresarial para facilitar a actividade económica e industrial no municipio. O edil insistiu no “compromiso por parte do Concello de manter en perfectas condicións o parque empresarial máis importante de Lalín onde traballan centos de veciños. Dentro dos compromisos que ten adquiridos o Goberno municipal co tecido empresarial, o alcalde, Rafael Cuíña realizou persoalmente xestións directas coa Consellería de Industria en relación á ampliación de prazos para poder sacar adiante con garantías este importante proxecto. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN SALIENTA A POSITIVA EVOLUCIÓN DO EMPREGO DURANTE ESTE MANDATO, CUNHA REDUCIÓN DO PARO REXISTRADO DE PRETO DO 28 POR CENTO

Dende xuño de 2015 a xuño de 2018, Lalín foi o quinto municipio galego de máis de 20 mil habitantes cun maior descenso porcentual do paro rexistrado. Ao descenso de 457 desempregados súmase a tendencia á alza nas afiliacións á Seguridade Social, que se incrementaron nun 8,4 por cento. O Goberno lembra o investimento sen precedentes en políticas de promoción do emprego, malia non ter competencias directas na materia. Ler máis

PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS SELECCIONADAS PARA O OBRADOIRO DE EMRPEGO “FORESTA LALÍN”

Rematado o proceso selectivo, o obxectivo do Concello é que o obradoiro dea comezo a principios do mes que vén. “Creo que as facetas nas que se van formar os alumnos-traballadores teñen moita saída -indicou José Manuel Fernández- polo tanto este obradoiro será moi proveitoso para que os participantes consigan a empregabilidade” . Ler máis

O CONCELLEO ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA NO POLÍGONO LALÍN 2000 QUE COMEZARÁN A PRÓXIMA SEMANA

Taboada y Ramos acometerá a actuación por 72.270 euros, tras presentar a oferta máis vantaxosa dentro do concurso aberto Francisco Vilariño fixo fincapé no importante esforzo realizado polo Goberno local para poder sacar adiante esta obra debido aos “apretados” prazos concedidos pola Xunta para certificar esta orde de subvencións. Cuíña salientou as xestións directas que realizou con Industria para facer realidade este importante proxecto. As obras foron pactadas co empresariado e servirán para reorganizar glorietas, arranxar beirarrúas e mellorar as sinalización. Trátase dun proxecto que redundará en grandes beneficios para o tecido empresarial e polo tanto para o conxunto da economía local. Ler máis

COMEZA O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO “FORESTA LALÍN”

Seleccionaranse 20 alumnos-traballadores, 10 para a modalidade formativa de repoboación forestal e tratamento silvícola e outras 10 persoas para a modalidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Fernández fixo fincapé na utilidade deste obradoiro, xa que ademais de ofrecer unha nova oportunidade laboral a moitos cidadáns, vai formar novos profesionais en materia forestal e seguridade ambiental. Ler máis

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL XUVENIL “MOCIDADE ACTIVA”

Trátase dunha iniciativa dirixida a 75 mozos e mozas do concello de Lalín de entre 16 e 29 anos, que ademais de formación inclúe prácticas profesionais en empresas Este proxecto desenvólvese grazas a unha subvención concedida ao Concello de Lalín polo Fondo Social Europeo por importe de 424.724,77 euros. O programa comprende os itinerarios de soldadura, atención socio sanitaria a persoas dependentes, servizos de restaurante, desenvolvemento de aplicacións web e xestión de maketing e comunicación. José Manuel Fernández resaltou o interese especial que acada o programa Mocidade Activa “xa que vai dirixido a mozos e mozas que son un dos colectivos sociais que máis están sufrindo o paro”. Ler máis

O OBRADOIRO DE EMPREGO REMATA AS OBRAS PARA VIVENDAS SOCIAIS NA PRIMEIRA PLANTA DAS ANTIGA CASA DO MANUEL RIVERO

O alcalde e o concelleiro de Emprego comprobaron esta semana o avance dunhas actuacións e salientaron o impresionante cambio que experimentou o inmoble dende o inicio das obras. O Obradoiro de Emprego beneficia a un total de 20 alumnas e alumnos, dos cales 12 se están formando en albanelería e 8 en carpintería. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PON A DISPOSICIÓN DA VECIÑANZA E DE MANEIRA ÍNTEGRA O PROXECTO PARA A MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS

Con esta medida calquera cidadán poderá consultar os seus detalles e valorar o alcance desta intervención para a mellora do mercado, que está valorada en máis de 86 mil euros. O concelleiro de Comercio solicitou autorización para facelo público ao colectivo de praceiros, que o encargaron e pagaron. Ler máis

O CONCELLO CONTRATARÁ EN XULLO A 20 RECEPTORES DA RISGA PARA FOMENTAR O EMPREGO E LOITAR CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL

A iniciativa do Goberno será financiada mediante unha axuda de 184.867 euros da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Fernández puxo de relevo esforzo que está a realizar o executivo local para favorecer o emprego, como se demostra coa redución das cifras do paro. Casares salientou o marcado carácter social da iniciativa que permitirá dar unha oportunidade a persoas en situación de dificultade social e, ao mesmo tempo, cubrir necesidades operativas do concello. As persoas receptoras da RISGA que estean interesadas en acceder a un dos postos de traballo ofrecidos deben anotarse como solicitantes no INEM. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN SOLICITARÁ UN OBRADOIRO DE EMPREGO ENFOCADO AO ÁMBITO FORESTAL E Á PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Medela e J. Manuel Fernández agradecen a colaboración do Distrito Forestal, que participará co Concello na elaboración dunha memoria que servirá para xustificar a solicitude. Os concelleiros destacaron a utilidade deste obradoiro, que permitirá formar novos profesionais en seguridade ambiental ao tempo que se ofrecen novas oportunidades laborais. Poderán participar 20 persoas cunha duración contractual de 12 meses, dos que 9 serán en formación e 3 en prácticas empresariais. Ler máis