cabecera deportes

Noticias

LALÍN SERÁ ESCENARIO DA SAÍDA E DA CHEGADA DUNHA ETAPA DA XVI VOLTA CICLISTA A GALICIA

Será en setembro e terá o centro de Lalín como punto de inicio e de final. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN TRATARÁ DE ASUMIR A ORGANIZACIÓN DA CARREIRA SOLIDARIA DAS DORES

• O Banco Santander comunicou a cancelación deste tipo de eventos promocionais, pero en vista do éxito da pasada edición, o Concello considera adecuado seguir adiante coa súa celebración • Parte do diñeiro recadado a través das inscricións irá destinado, tal e como estaba previsto, á Cruz Vermella de Lalín • González Casares, destacou o éxito participativo, así como o gran ambiente que creou nas rúas esta carreira nocturna que en 2016 serviu como “pistoletazo” de saída saudable ás festas patronais Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN FELICITA A XOÁN LEDO POR FACER HISTORIA PROCLAMÁNDOSE CAMPIÓN DO MUNDO JUNIOR DE BALONMÁN

O gardarredes formado na canteira do Club Balonmán Lalín foi, ademais, nomeado como mellor porteiro do mundial disputado en Arxelia logo de colleitar ao longo de todo o campionato maxistrais actuacións que permitiron meter ao seu equipo na loita polas medallas. Ler máis

A LALÍN BIKE RACE PROTAGONISTA NO CANDÁN ESTA FIN DE SEMANA, CON PRETO DE 220 PARTICIPANTES

Esta serra é o escenario perfecto para este tipo de actividades deportivas, que ao mesmo tempo serven para pór en valor e dar a coñecer este este espazo de enorme importancia paisaxística e natural. Esta é a 6ª proba deportiva que se celebra en Lalín en pouco máis dun mes, convertendo o municipio nunha referencia neste ámbito. Ler máis

O ALCALDE DESTACA AS IMPORTANTES SINERXIAS ECONÓMICAS PARA LALÍN DAS COMPETECIÓNS DE KUNG-FU E BALONMANO DESTA FIN DE SEMANA

Rafael Cuíña parabeniza a organizadores e participantes polo éxito das probas e por promover a mellor imaxe de Lalín en toda Galicia. O rexedor agradece as felicitacións dos organizadores ao Concello pola súa colaboración e pola implicación dos membros do Goberno e ponse á súa disposición para a organización de futuros eventos, dos que xa se está a falar. Ler máis

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN F8

ESTADIO MANUEL ANXO CORTIZO Ler máis

CAMPIONATO ESTATAL CADETE MASCULINO

2ª FASE O FASE DE SECTOR, TEMPADA: 2016/2017 Ler máis

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ENDURO

19-20-21 MAIO 2017