cabecera cultura

Noticias

O CONCELLO CONVOCA UNHA EDICIÓN ESPECIAL DO CONCURSO DE PINTURA ESCOLAR “MESTRE LAXEIRO” PARA DEFINIR O DESEÑO DO PIN DA EDICIÓN NÚMERO 50 DA FEIRA DO COCIDO

As bases desta convocatoria, que xurdiu a proposta do alcalde, está dirixida ao alumnado de Primaria dos centros educativos de Lalín. O certame repartirá premios por valor de 1.740 euros entre escolares e centros de ensino. O deseño que se elixa tomarase como base, de maneira íntegra ou parcial, para a elaboración dun dos máis importantes símbolos de identidade da festa. Cuíña salienta que con esta iniciativa “involúcrase aos máis novos nunha celebración que puxeron en marcha hai 50 anos os seus bisavós e tataravós”. Ler máis

FINALIZA O OBRADOIRO ILUSTRANDO HISTORIAS COA ENTREGA DE DIPLOMAS E COA PREVISIÓN DE REPETILO EN NADAL

A concelleira de Cultura puxo de relevo o éxito da actividade e agradeceu a colaboración de Celso Fernández e o traballo das monitoras. Ler máis

O ALCALDE SOLICÍTALLE Á DIRECTORA DO CENTRO ASOCIADO DA UNED QUE REALICE UNHA PROPOSTA DE TÍTULACIÓNS ADAPTADA AO CONCELLO DE LALÍN

Rafael Cuíña amosou o seu interese por todo o relacionado coas enxeñerías agroindustriais e agrogandeiras, que permitirían ofrecer formación para a modernización dun dos sectores máis importantes para a economía do municipio. Ler máis

O CONCELLO E O IES LAXEIRO POÑEN EN MARCHA UNHA NOVA CAMPAÑA DE LECTURA EN VERÁN

Por cada 3 libros que os usuarios e usuarias collan en préstamo durante o verán recibirán unha mochila e un diario de lectura como agasallo. Ler máis

A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN VISITA O CEIP “XAQUÍN LORIGA” CO OBXECTO DE TRABALLAR EN COMÚN NA SOLUCIÓN DAS MÚLTIPLES DEFICIENCIAS DO CENTRO

A intención do Goberno é a de ir dando solución á maior parte deficiencias do colexio botando man de persoal propio, unha vez o Concello conte con persoal suficiente. As reclamacións teñen que ver coa realización de melloras e traballos de mantemento en aulas, aseos e pavillón, así como noutros espazos exteriores. Ler máis

O CONCELLO PROGRAMA NUMEROSAS ACTIVIDADES DESTINADAS AO FOMENTO DA LECTURA AO ABEIRO DA INICIATIVA “LER CONTA MOITO”

A concellería de Cultura, a través da Rede Galega de bibliotecas Públicas, recibiu unha achega de 850 euros para a organización das diferentes propostas. As actividades diríxense a nenos e nenas e terán lugar nos meses de maio, xuño, xullo e outubro. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN RECIBE 6.610 EUROS PARA A AMPLIACIÓN DO FONDO BIBLIOGRÁFICO E A ADQUISICIÓN DE NOVIDADES EDITORIAIS

4.413 son destinados ao reforzo das coleccións bibliotecarias e 2.197 á compra de novidades en galego. Ler máis

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO CO CÍRCULO DE RECREO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NAS INSTALACIÓNS DESTA ASOCIACIÓN

O convenio ten unha duración de 3 anos prorrogables por períodos de igual duración ata un máximo de 12 anos.

O CONCELLO ELABORARÁ UN PLAN MUSEOLÓXICO E UN MUSEOGRAFICO DO MUSEO GALEGO DA MARIONETA PARA INSCRIBILO NO MUGA E GARANTIR A SÚA VIABILIDADE

Este trámite -explica a concelleira de Cultura- “non só é un requisito legal, senón unha marca de excelencia e unha garantía á hora de posicionar o Museo territorial e publicamente, así como de cara o futuro”. Trátase de documentos complexos que recollen un gran volume de información sobre os obxectivos do museo, a conservación da exposición, a seguridade etc. A súa redacción permitirá dar cumprimento aos compromisos acadados entre Concello e Viravolta Títeres no convenio asinado en 2014. Ler máis

LALÍN ACOLLE A PARTIR DO 5 DE MAIO A DÉCIMO TERCEIRA BIENAL DE ARTE “PINTOR LAXEIRO”, QUE APOSTA POLA RENOVACIÓN E A REFORMULACIÓN

O certame está comisariado polo lalinense Ángel Calvo, que introduciu na mostra actividades e disciplinas transversais como a poesía, o cinema ou o debate. Inicialmente a Bienal estará composta por 21 artistas convidados que realizarán un breve percorrido polo pasado e presente da plástica galega. O alcalde de Lalín e a concelleira de cultura convidaron a todos os galegos a visitar un evento de referencia no plano artístico de Galicia. Ler máis