Lara Rodríguez considera que a mostra composta por 40 obras do artista trasdezao alcanzou un “éxito rotundo e sen precedentes”.
Foron numerosas as visitas de centros educativos, colectivos, coleccionistas e persoas amantes das artes plásticas e da obra do pintor Colmeiro.
A concelleira agradeceu a “solvencia e o enorme traballo” do comisario da mostra, David Barro. Ler máis
Lara Rodríguez anunciou que o horario se amplía aos sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 20.30 horas.
A iniciativa busca darlle a todo o mundo a oportunidade de visitar o Museo e as diferentes mostras organizadas polo Concello.
A concelleira lembra que a exposición de Manuel Colmeiro “A pintura antes de pintar” se pode visitar ata o vindeiro día 16 de maio. Ler máis
Noelia Carioca, Boniface Ofogo e Avelino González serán os narradores das funcións dos días 16, 20 e 21, respectivamente.
Haberá pases para adultos e tamén para o público infantil, todos elas gratuítos ata completar o aforo. Ler máis
Lara Rodríguez explica que o proxecto suporá “un sopro de aire novo e moderno que tenderá unha nova ponte de convivencia coas novas expresións artísticas no eido da música, a danza e a poesía”.
A concelleira de Cultura anuncia que no programa, que se desenvolverá en diferentes venres dos meses de verán, participarán grupos como Malandrómeda ou Fetén Fetén.
O Concello vén de solicitar unha achega de preto de 18 mil euros á Deputación para o financiamento desta proposta. Ler máis
Con estas dúas iniciativas incidirase un ano máis na dinamización cultural e social do municipio durante os meses de verán.
Lara Rodríguez explica que os obxectivos son “achegar, divulgar e promover a música e o cine entre toda a poboación de Lalín, con actuacións e proxeccións en espazos públicos”. Ler máis
A longametraxe documental trata a folga de Vigo acontecida en setembro de 1972 que forma parte do subconsciente colectivo da sociedade viguesa e galega.
Varios dos escenarios da rodaxe tiveron lugar no concello de Lalín.
Francisco Vilariño convidou a todos os lalinenses a participar na estrea do documental na nosa vila, con entrada de balde, e a gozar dunha obra que está arrasando e que logra atrapar e conmover ao espectador.
Ler máis
A sesión terá unha duración de entre 10 e 15 minutos e contará con 2.800 artefactos, entre os que se incluirá algún alusivo ao 50 aniversario da Feira. Desenvolverase dende a praza da Vila coa finalidade de que poida ser presenciado polo maior número de persoas sen necesidade de desprazarse do casco urbano. Cuíña salienta o papel que xogará esta iniciativa na dinamización social e económica de Lalín nunha das noites máis especiais do ano. Vilariño destaca que o espectáculo ofrece un atractivo máis para incrementar o número de visitantes que se acheguen ao concello na fin de semana do Cocido Ler máis
O premio recoñece a aquela aldea ou parroquia que destaque pola súa defensa e conservación patrimonial ou ambiental e polo seu impulso económico ou social.
Un ano máis, as candidaturas deberán presentar dúas memorias: unha descritiva relacionada cos criterios de valoración e outra explicativa do investimento a executar.
O prazo para presentar propostas abrirase proximamente e finalizará o 31 de decembro.
Ler máis