O volume permitirá difundir de maneira orixinal e divertida esta Festa de Interese Turístico Nacional e os atractivos de Lalín por toda Galicia a través das peripecias deste recoñecido e querido grupo de personaxes
Rafael Cuíña e Lara Rodríguez presentaron este mediodía o libro ante máis de 250 alumnas e alumnos de Educación Infantil de diferentes colexios do municipio, os que se lles entregou cadanseu exemplare.
O libr, que conta cunha tiraxe de 5.000 exemplares, distribuirase por colexios, bibliotecas e centros públicos de toda Galicia.
Os volumes restantes tras a distribución poñeranse á venda en librerías de todo o país, con especial incidencia nas de lalín.
Ler máis