Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

cabecera cultura

Cultura en Lalín

O servizo de Cultura está situado no enderezo rúa Ramón Aller, nº 9, Lalín.

O horario de atención o público é de luns a vernes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Para máis información, horarios especiais para grupos, visitas guiadas, excursións,...  pódese poñer en contacto co servizo de Cultura no

Teléfono: 986 784004             Email: museo@lalin.gal

Noticias

O FESTIVAL ATLÁNTICA LEVA 4 ESPECTÁCULOS ATA LALÍN

Noelia Carioca, Boniface Ofogo e Avelino González serán os narradores das funcións dos días 16, 20 e 21, respectivamente. Haberá pases para adultos e tamén para o público infantil, todos elas gratuítos ata completar o aforo. Ler máis

LALÍN ESTREARÁ ESTE ANO O EVENTO “LUSCO & FUSCO”, UNHA ANOVADORA INICIATIVA QUE APOSTA POLA CULTURA CONTEMPORÁNEA E A RELACIÓN ENTRE A ARTE, O ESPAZO E O PÚBLICO

Lara Rodríguez explica que o proxecto suporá “un sopro de aire novo e moderno que tenderá unha nova ponte de convivencia coas novas expresións artísticas no eido da música, a danza e a poesía”. A concelleira de Cultura anuncia que no programa, que se desenvolverá en diferentes venres dos meses de verán, participarán grupos como Malandrómeda ou Fetén Fetén. O Concello vén de solicitar unha achega de preto de 18 mil euros á Deputación para o financiamento desta proposta. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA PRETO DE 16 MIL EUROS Á DEPUTACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DOS CICLOS DE MÚSICA NA RÚA E CINE NO RURAL DESTE ANO

Con estas dúas iniciativas incidirase un ano máis na dinamización cultural e social do municipio durante os meses de verán. Lara Rodríguez explica que os obxectivos son “achegar, divulgar e promover a música e o cine entre toda a poboación de Lalín, con actuacións e proxeccións en espazos públicos”. Ler máis

A BIBLIOTECA ACOLLE ESTE VENRES A PROXECCIÓN DE “VIGO 1972” DO LALINENSE EMILIO J. FERNÁNDEZ

A longametraxe documental trata a folga de Vigo acontecida en setembro de 1972 que forma parte do subconsciente colectivo da sociedade viguesa e galega. Varios dos escenarios da rodaxe tiveron lugar no concello de Lalín. Francisco Vilariño convidou a todos os lalinenses a participar na estrea do documental na nosa vila, con entrada de balde, e a gozar dunha obra que está arrasando e que logra atrapar e conmover ao espectador. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PROGRAMA UN GRAN ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO PARA A NOITE DO SÁBADO DO COCIDO

A sesión terá unha duración de entre 10 e 15 minutos e contará con 2.800 artefactos, entre os que se incluirá algún alusivo ao 50 aniversario da Feira. Desenvolverase dende a praza da Vila coa finalidade de que poida ser presenciado polo maior número de persoas sen necesidade de desprazarse do casco urbano. Cuíña salienta o papel que xogará esta iniciativa na dinamización social e económica de Lalín nunha das noites máis especiais do ano. Vilariño destaca que o espectáculo ofrece un atractivo máis para incrementar o número de visitantes que se acheguen ao concello na fin de semana do Cocido Ler máis

O CONCELLO PRESENTA O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA NADAL MÁIS COMPLETO DOS ÚLTIMOS ANOS

Foi deseñado facilitar a conciliación laboral e familiar e dinamizar a actividade comercial. Ler máis

O CONCELLO CONVOCA A 3ª EDICIÓN DA DISTINCIÓN ALDEA SINGULAR QUE CONCEDERÁ 15 MIL EUROS AO NÚCLEO RURAL PREMIADO

O premio recoñece a aquela aldea ou parroquia que destaque pola súa defensa e conservación patrimonial ou ambiental e polo seu impulso económico ou social. Un ano máis, as candidaturas deberán presentar dúas memorias: unha descritiva relacionada cos criterios de valoración e outra explicativa do investimento a executar. O prazo para presentar propostas abrirase proximamente e finalizará o 31 de decembro. Ler máis

O CONCELLO APROBA UNHA PARTIDA DE 10 MIL EUROS PARA SUBVENCIONAR A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN DESTINARÁ PRETO DE 46 MIL EUROS Á REPOSICIÓN DA CUBERTA NO MUSEO MUNICIPAL

As obras financiaranse con cargo á Liña 1 do Plan Concellos e xa conta coa pertinente autorización da Deputación de Pontevedra. As actuacións considéranse fundamentais para o bo mantemento e uso do edificio. Ler máis

17 PARROQUIAS BENEFÍCIANSE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS

Tal e como establecen as bases das axudas, só son subvencionables as actuacións de bandas de música, grupos de gaitas ou charangas do Concello. Ler máis