Os vendedores adoptan esta decisión polos bos resultados e a boa acollida que tivo entre os clientes o cambio realizado o pasado sábado. O Concello traballa para sumar varios postos de artesanía a esta iniciativa, que servirá para dinamizar as rúas peonís. Ler máis
A coincidencia no mes de xuño coa Semana Verde foi un dos motivos que se tivo en conta para fixar esta data. Preténdese introducir como novidade no certame deste anoa posta en marcha dun recoñecemento ás mellores explotacións segundo os datos obtidos no control leiteiro. Ler máis
Mediante este acordo, o Concello farase cargo da débeda despois de que o departamento de Benestar Social avalíe cada caso. O Goberno tamén propicia que se retomen as reunións a tres bandas para falar sobre o proxecto de Catasós. Ler máis
O obxectivo da iniciativa é o de “dar a coñecer entre a poboación as magníficas cualidades do mel e do queixo que se produce no concello de Lalín, coa finalidade de incrementar o seu consumo”. O Concello fai un chamamento para que os lalinenses se acheguen á Praza e desfruten duns magníficos comestibles ao tempo que contribúen á dinamización económica e social da vila. Ler máis
Hermida explicou que “aínda que na actualidade a recollida de plásticos de silo se fai dúas veces ao ano, o obxectivo é poder realizala, polo menos, en tres ocasións”. Celia Alonso, recordou que a nova ordenanza medio ambiental contempla sancións pola queima ou o depositado de plásticos en colectores convencionais. Ler máis
As reunións continuarán ata chegar a todas e cada unha das localidades do rural para ir dando resposta ás demandas dos veciños e coñecer as súas necesidades máis urxentes. Cuíña e Medela déronse hoxe cita ás 21.00 horas, cos veciños e veciñas de Méixome.
Ler máis
Rafael Cuíña destaca o enorme potencial económico do rural lalinense e aposta por aproveitar ideas para potenciar a súa recuperación. O encontro celebrarase con carácter gratuíto en Lalín o próximo 13 de novembro e actualmente está aberto o prazo para a presentación de relatorios. Ler máis
As contas municipais priorizarán o investimento en políticas sociais, a recuperación do rural e a dinamización económica, social e cultural do concello. Ler máis