Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

cabecera seccion agraria

Oficina Agraria.

agraria interna

A Oficina Agraria está ubicada na pranta baixa do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, oficina Agraria.

Noticias

O CONCELLO INVESTIRÁ MÁIS DE 120 MIL EUROS NO REFORZO DA PISTA DA VEIGA E NA MELLORA DO ACCESO AO TOXO, EN FONTECABALOS

As actuacións financiaranse con cargo ao Plan de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal (antigo Plan Marco) da Xunta de Galicia. Miguel Medela salienta que este proxecto permitirá avanzar no obxectivo mantido durante o mandato de dar resposta ás necesidades dos veciños do rural. Ler máis

COMEZAN AS OBRAS DE AMPLIACIÓN E MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN VARIAS PARROQUIAS DO CONCELLO DE LALÍN

Cuíña, Medela e González Casares explicaron que as actuacións serven para dar resposta ás demandas veciñais sobre o abastecemento e para corrixir as carencias que se producen en verán.. O proxecto foi adxudicado por unha cantidade final de 82.709 euros, que se financiarán con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental 2018. Ler máis

O CONCELLO INICIA A REFORMA E MELLORA DOS LOCAIS SOCIAIS DE PALIO, ZOBRA, NOCEDA E A XESTA

As actuacións nestes centros veciñais permitirán seguir mellorando os servizos á veciñanza da zona rural Rafael Cuíña e Miguel Medela tamén comprobaron hoxe o avance dos traballos para levar a traída de auga a diferentes lugares da parroquia de Goiás Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA POR PRETO DE 83 MIL EUROS A AMPLIACIÓN E MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN BUSTELO, ANZO, PALMOU, MADRIÑÁN E GONDORIZ

O proxecto, que se levará a cabo con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, será executado pola empresa Taboada y Ramos, A iniciativa contempla a construción de novos depósitos en Bustelo e Anzo e a ampliación da rede de subministro en Palmou, Madriñán e Gondoriz, Medela e González Casares explicaron que as actuacións servirán para dar resposta ás demandas veciñais sobre o abastecemento e para corrixir as carencias que se producen en verán, Ler máis

ARRANXO DUNHA PISTA NOS PORCALLOS

O Concello de Lalín concluíu o segundo plan de acondicionamentos de pistas e accesos rurais posto en marcha este ano coa mellora, mediante a dotación dunha nova capa de rodadura dunha pista que une o lugar de Os Porcallos. Ler máis

ASFALTADO EN ALPERIZ

Esta actuación era moi demandada polos veciños e veciñas da zona, xa que a estrada, logo de anos sen actuacións, presentaba un estado de deterioro moi importante.

XA ESTÁ OPERATIVA A NOVA BRIGADA MUNICIPAL CONTRA INCENDIOS

A unidade está conformada por 8 operarios dos que 3 son condutores de vehículos motobomba, un capataz, 3 peóns e outro condutor especialista. Ler máis

O CONCELLO PAVIMENTA A PISTA DA MIÑOCA EN PAREIZO

Este vial foi acondicionado grazas a unha axuda de 100 mil euros procedentes do Plan Marco 2017 que se investiron na súa totalidade en asfaltar esta estrada. Ler máis

ACONDICIONAMENTO DUNHA PISTA EN LOSÓN

O alcalde destacou o bo estado no que quedou a pista acondicionada na parroquia de Losón, como tamén así o corroboraron veciños desta zona que falaron esta mañá co rexedor durante a visita Ler máis

FEIRADEZA REÚNE ESTA FIN DE SEMANA A MÁIS DE 100 DAS MELLORES VACAS FRISONAS DE LALÍN E DA COMARCA

A XXXIV edición acolle os tradicionais concursos, poxas de gando selecto e o sorteo entre os presentes dunha xata e dunha xovenca preñada. Ler máis