A Deputación de Pontevedra destina 350000 Euros para apoiar o Deporte de Competición Federado para o 2013

A Deputación de Pontevedra destina 350000 Euros para apoiar o Deporte de Competición Federado para o 2013
Venres 18 de Xaneiro de 2013 - O prazo de solicitudes será de 30 días a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOP

O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou 350.000 euros para o programa destinado a clubs deportivos federados da provincia que, o ano pasado, beneficiou a 441 clubes.

O programa tén como obxectivo apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas.

Os beneficiarios poderán ser clubes sen fins de lucro que posúan, polo menos, un equipo de base acreditado, é dicir, de inferior categoría á senior ou absoluta; e clubes que compitan en modalidades deportivas individuais que posúan un mínimo de oito licenzas federativas de deportistas de base en competición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOP. Os criterios de valoración para a concesión das axudas terán en conta o nivel de competición da agrupación ou club; o número de licenzas federativas; o número de equipos participantes; ser un equipo sénior en categoría nacional; e axeitar as actividades ao interese provincial.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín