Colección Básicos

Colección Básicos relativos a Publicacións

A cultura castrexa na comarca de Deza.
Autor
L. Xulio Carballo Arceo

Este libro é unha versión abreviada da tese de doutoramento do autor, presentada na Universidade de Santiago no ano 1989. Partindo da catalogación dos castros da comarca e da escavación puntual dalgúns deles, o autor analiza as características destas aldeas fortificadas da Idade do Ferro, así como os patróns de situación xeográfica. Os resultados destas análises permítenlles ao autor formular cuestións de tipo demográfico, económico e social, respecto á evolución dos castros de Deza ao longo de case mil anos.

Imagen A cultura castrexa na comarca de Deza.
km0