Este libro centrado na parroquia de Goiás ofrécenos unha dobre lectura: histórica e antropolóxica. A primeira tenta amosar cales son os pasos que se poden dar para facer un estudio xeral e, ó mesmo tempo, pormenorizado do que é unha entidade rural do interior de Galicia. A lectura antropolóxica faise dende a época de modernidade actual, na que a ruptura co espacio e co tempo tradicionais ponse de manifesto nos diferentes estilos de vida marcados polo individualismo.