Castro de Doade

Volver a Castros
Castro de Doade

Aurela do Castro
Época: Idade do ferro

Situado a 100 m. ó SE. de Penedo. O acceso realízase pola estrada de Lalín a Vilatuxe de onde parte un camiño en dirección a Doade, que accede ó núcleo de Penedo, dende o que parte un camiño directo ó castro. As coordenadas xeográficas son M.T.N. Nº 154, 42º 36' 29'' latitude Norte e 8º 08' 09'' lonxitude Oeste, cunha altitude de 547 m.

Coñecido popularmente como " Aurela de Castro" ou " Castro de Penedo". Posúe un único recinto de forma case circular que mide de N-S 88 m. E de E-O 91 m., protexido por unha muralla parcialmente destruída na zona Sur. A porta de acceso está situada no Oeste. Domina unha zona agrícola entre os ríos Asneiro e o seu afluente o Lebozán. A maior parte do recinto está cultivado.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín