2019 CONCILIA LALÍN

2019 CONCILIA LALÍN

INFORMACIÓN XERAL DO SERVIZO “CONCILIA LALÍN”

Este servizo ten como obxectivo principal favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar de familias con menores en idade escolar, a través da execución de actividades de atención, coidado e custodia á infancia (3-12 anos) desde un enfoque lúdico-educativo tanto durante as horas previas e posteriores á xornada escolar (en período lectivo).
  
CONCILIA LALÍN DURANTE O PERÍODO LECTIVO:

CENTROS EDUCATIVOS:

CEIP Manuel Rivero (Lalín)- 30 prazas

7:30 a 9:00 h.

18:00 a 20:30 h.

CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) -10 prazas

7:30 a 9:00 h.

A  partir das 16:00 h.(ata un máximo de 6 h.)

CEIP Plurilingüe Varela Buxán (Cercio)- 10 prazas

7:30 a 9: 30 h.

A partir das 16:15 h. (ata un máximo de 6 h.)

CEIP Xoaquín Loriga (Prado)- 10 prazas

7:40 a 9:40 h.

A partir das 16:35 h.  (ata un máximo de 6 h.)

* Nota: haberá 10 prazas mais “itinerantes” a determinar en función das necesidades de cada un dos centros.

Durante o PERÍODO LECTIVO poderán participar no servizo de cada centro escolar as e os menores escolarizados en ditos colexios, establecéndose as seguintes opcións de uso:

Uso regular:

de luns a venres en horas predeterminadas e comunicadas previamente ao inicio do uso do servizo.
días soltos da semana predeterminados e en horas predeterminadas/ comunicadas previamente ao inicio do uso do servizo.
en bonos de horas mensuais comunicadas previamente ao inicio do uso do servizo.

Uso extraordinario: para o uso puntual do servizo (horas ou días soltos non comunicados ao inicio do uso do servizo).

Fixarase un prezo por hora específico para uso regular do servizo (1,25 €/h.) e un prezo por hora superior ao anterior para o uso extraordinario (2,50 €/h.) durante o período lectivo.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín