12.00 h. Espectáculo Funky Party
18.00 h. Charanga Os Verbeneros
Bases do II Concurso Virtual de Disfraces
Poderán participar todas as persoas interesadas, ben a título individual, ben en grupos de conviventes (considerarase grupo a partir de 2 persoas). Os/as menores de idade deberán contar coa autorización do pai, nai ou titor/a legal.
A temática dos disfraces será libre. O xurado valorará principalmente a orixinalidade e a elaboración propia dos disfraces.
As inscricións ao concurso realizaranse a través dun formulario en liña que está dispoñible na páxina de Facebook do Concello de Lalín: https://www.lalin.gal/axudas-premios-e-bolsas ou en https://www.lalin.gal/documents/34907/0/Bases+do+II+Concurso+Virtual+de+Disfraces+Concello+de+Lali%3Fn+con+logo.pdf/90957cdd-1dd6-39be-b804-3a23fe37fbec?t=1643960395755
O prazo para enviar o formulario de inscrición rematará o martes 1 de marzo ás 15.00 h.
Cada participante so poderá participar nunha única categoría. Unha vez recibidas as fotos dos disfraces a concurso, estas subiranse ao Facebook do Concello de Lalín e poderán ser votadas polo público marcando un like á opción escollida.
O prazo para poder votar os disfraces a concurso rematará o xoves 3 de marzo ás 23:55 h.
O xurado outorgará os seguintes premios:
- Categoría individual adultos: vale de compra de 150 €.
- Categoría individual infantil (ata 13 anos): 3 premios de 50 € en vales de compras.
- Categoría familia-grupo convivente: 2 premios de 100 € en vales de compras.
Ademais, outorgaranse outros dous premios, escollidos por votación entre as fotos dos disfraces a concurso subidas na páxina de Facebook do Concello de Lalín:
- Premio disfraz de familia-grupo convivente máis votado (a partir de 2 persoas): vale de compra de 100 €.
- Premio disfraz individual Máis Votado: vale de compra de 50 €.