Axenda

ENTROIDO LALÍN 2022. II CONCURSO VIRTUAL DE DISFRACES.

12.00 h. Concerto itinerante Batukada

18.00 h. Charanga Leña Verde

 

Bases do II Concurso Virtual de Disfraces

Poderán participar todas as persoas interesadas, ben a título individual, ben en grupos de conviventes (considerarase grupo a partir de 2 persoas). Os/as menores de idade deberán contar coa autorización do pai, nai ou titor/a legal.

A temática dos disfraces será libre. O xurado valorará principalmente a orixinalidade e a elaboración propia dos disfraces.

As inscricións ao concurso realizaranse a través dun formulario en liña que está dispoñible na páxina de  Facebook do Concello de Lalín: https://www.lalin.gal/axudas-premios-e-bolsas ou en https://www.lalin.gal/documents/34907/0/Bases+do+II+Concurso+Virtual+de+Disfraces+Concello+de+Lali%3Fn+con+logo.pdf/90957cdd-1dd6-39be-b804-3a23fe37fbec?t=1643960395755

O prazo para enviar o formulario de inscrición rematará o martes 1 de marzo ás 15.00 h.

Cada participante so poderá participar nunha única categoría. Unha vez recibidas as fotos dos disfraces a concurso, estas subiranse ao Facebook do Concello de Lalín e poderán ser votadas polo público marcando un like á opción escollida.

O prazo para poder votar os disfraces a concurso rematará o xoves 3 de marzo ás 23:55 h.

O xurado outorgará os seguintes premios:

  • Categoría individual adultos: vale de compra de 150 €.
  • Categoría individual infantil (ata 13 anos): 3 premios de 50 € en vales de compras.
  • Categoría familia-grupo convivente: 2 premios de 100 € en vales de compras.

Ademais, outorgaranse outros dous premios, escollidos por votación entre as fotos dos disfraces a concurso subidas na páxina de Facebook do Concello de Lalín:

  • Premio disfraz de familia-grupo convivente máis votado (a partir de 2 persoas): vale de compra de 100 €.
  • Premio disfraz individual Máis Votado: vale de compra de 50 €.
Imagen: ENTROIDO LALÍN 2022. II CONCURSO VIRTUAL DE DISFRACES. Imagen: ENTROIDO LALÍN 2022. II CONCURSO VIRTUAL DE DISFRACES.
Localización
km0