Auditorio

Auditorio

O Auditorio Municipal foi creado en 1990. En maio dese mesmo ano a Xunta de Galicia concedeulle o carácter de "Conservatorio non estatal de grao profesional"

O Auditorio está rexido polo Patronato cultural, creado polo Concello de Lalín en novembro de 1991 para a xestión desta institución educativa.

Complexo formado por un edificio de dúas plantas e un escenario cunha capacidade para cincocentas persoas. Neste intre atópase en fase ampliación e pasará de ter oito aulas a contar con preto de trinta. Un segundo escenario contará cunhas trescentas butacas. As instalacións tamén posúen un auditorio ó aire libre.

Os seus amplos corredores albergan actividades de grupos de teatro, conferencias, exposicións de pintura, de fotos, etc.

Dentro do ámbito musical realízanse nas súas instalacións concertos de primavera, de fin de ano, concertos didácticos e de profesionais da música. Trimestralmente organízanse concertos de alumnos.

As instalacións do auditorio son a sé da Banda de música, do Conservatorio folque, do Conservatorio de música clásica e da Orquestra de cámara, formada por alumnos do Conservatorio.

km0