AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DA CASA DE DON ÁLVARO POR MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS COMEZARÁN EN ABRIL - Concello de Lalín - lalin.gal

ADT

Publicador de contidos

Imaxe: BASES INSTALACION DE POSTOS NA LVII EDICION DA FEIRA DO COCIDO DE LALIN

BASES INSTALACION DE POSTOS NA LVII EDICION DA FEIRA DO COCIDO DE LALIN

Imaxe: BASES QUE REXERÁN O CONTRATO PRIVADO

BASES QUE REXERÁN O CONTRATO PRIVADO "ALUGUEIRO DO ALBERGUE MUNICIPAL VICENTE AGULLO" O obxecto deste procedemento é regular o contrato privado denominado “ALUGUEIRO DO ALBERGUE MUNICIPAL “VICENTE AGULLÓ”.

Publicador de contidos

A BIBLIOTECA MUNICIPAL “VARELA JÁCOME” ABRIRÁ DO 31 DE MAIO AO 15 DE XUÑO DE XEITO ININTERROMPIDO DE 9 DA MAÑÁ A 9 DA NOITE TODOS OS DÍAS

Co ánimo de facilitarlle o estudo ao alumnado nestas datas finais de curso e de probas PAU e tamén ás persoas opositoras a súa preparación para próximos procesos selectivos

 


O goberno...

XOSE MANUEL LOBATO, CHARO GOLMAR, MANUEL NÚÑEZ, AVELINO JÁCOME E LUIS G. TOSAR OFRECEN UN RECITAL DE POESÍA O VINDEIRO SÁBADO NO MARCO DE “LALÍN NAS LETRAS 2025”

Comezará ás 18 horas no Parque Ramón Aller e no caso de chuvia será no Museo

 

 


O venres 30 terá lugar a representación “O que hai que ver!”, de Fulano, Citano e Megano, ás 21 h no...

LALÍN ACOLLE O VENRES 30 DE MAIO A FEIRA CIENTÍFICA "A CIENCIA QUE VÉN TEN NOME DE MULLER"

Terá lugar o 30 de maio no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero

Inclúe obradoiros, xogos e experiencias interactivas para espertar vocacións científicas na mocidade

Publicador de contidos

null AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DA CASA DE DON ÁLVARO POR MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS COMEZARÁN EN ABRIL
AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DA CASA DE DON ÁLVARO POR MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS COMEZARÁN EN ABRIL

As obras de restauración da Casa de don Álvaro darán comezo no mes de abril e contarán cun investimento dun millón de euros. Así o vén de anunciar o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, que tamén presentou os usos previstos para o edificio. Foi nun acto que contou coa presenza do alcalde, José Crespo, de concelleiros e da directora xeral de Patrimonio Cultural.

A actuación encádrase nun convenio de colaboración asinado co Concello de Lalín. No referido aos novos usos a intención é que o edificio funcione como un contedor sociocultural vinculado ao turismo e gastronomía locais e ás actividades sociais–formativas, mantendo as súas características construtivas e arquitectónicas, así como daqueles elementos decorativos e mobiliario máis representativos.

No andar baixo situarase a Oficina de Turismo Municipal e o Museo da historia Cocido, mentres que o alto se dedicará a espazos socio culturais. O xardín poderá abrirse ao público para acoller actividades de diversa índole.

Por outra banda, prevese destinar o andar alto do inmoble a espazo sociocultural, conservando algunha das estancias máis representativas como elementos propios dunha tipoloxía característica (residencial, señorial e urbana) de principios do século pasado, tomando como espazo de referencia o salón principal.

O resto das estancias poderán ser empregadas como espazos polivalentes para o desenvolvemento de actividades sociais e culturais (conferencias, exposicións temporais, presentacións, reunións, etc.), ao igual ca o espazo baixo cuberta.

Os traballos complétanse cunha nova instalación eléctrica, de iluminación e climatización e coa recuperación do espazo orixinal do baixo, alterado por unha redistribución inadecuada feita no século XX. Ademais, instalarase un novo ascensor que permita dar cumprimento á normativa de accesibilidade.

km0