Curso de técnicas de aseo e hixiene a persoas dependentes.
CURSOS ACTÍVATE
A OMIX informa sobre a adhesión do Concello de Lalín ao Programa Actívate, promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra, que ten como obxectivo desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e o tempo libre, que sexan de interese xuvenil e que respondan ás demandas dos mozos da nosa provincia. Nesta edición realizaranse en Lalín 2 cursos dirixidos a mozos e mozas de idades comprendidas entre 16 e 35 anos:
Curso de técnicas de aseo e hixiene a persoas dependentes.
Curso de reparacións domésticas: albanelería, fontanería e carpintería
No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, relacionaranse do seguinte xeito:
Persoas desempregadas que non participasen na edición do Actívate ano 2011 (segundo o rexistro de entrada)
Persoas en activo que non participasen na edición do Actívate ano 2011 (segundo o rexistro de entrada)
Persoas desempregadas e en activo que participasen na edición pasada
Persoas da lista de agarda (persoas doutros concellos ou de idades diferentes a 16-35 anos)
Estes cursos terán unha duración de 40 horas, das que 36 se impartirán no concello de Lalín e outras 4 horas correspóndense cun taller de carácter obrigatorio, de mañán, que poderá ser no propio Concello ou nas instalacións da Deputación, este taller versará sobre habilidades sociais para a inserción laboral, técnicas de búsqueda de emprego, elaboración de currículum vitae, orientación laboral, etc...
Estas actividades levaranse a cabo a partires do mes de outubro, os horarios están por determinar, en función dos alumnos inscritos.
Para participar nestas actividades, gratuitas, será imprescindible inscribirse na OMIX, antes do 1 de outubro, dado que as prazas son limitadas.