Para o acceso ao grao profesional o CMUS ríxese pola normativa no Decreto 203/2007, publicado no DOG nº 211 do 31 de outubro de 2007. No artigo 11 indica o seguinte:
1. Para acceder ao primeiro curso do ensinanzas profesionais de música cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais, de acordo cos obxectivos establecidos neste decreto.
2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulará o procedemento de acceso ao primeiro curso, que se axustará ao disposto nos puntos seguintes.
3. Para todas as especialidades, agás para a de canto, a devandita proba consistirá en:
- a) Interpretación, no instrumento da especialidade a que opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
- b) Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
4. A puntuación definitiva da proba citada nos puntos anteriores será a media ponderada da cualificación obtida en ambos os exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro deles nun 70 por cento, e o segundo nun 30 por cento.
5. A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para se matricular no curso académico en que fose convocada.
A Orde do 28 de Xullo de 2008 regula as probas de acceso descritas no apartado anterior. Para o Curso 2021/2022 as datas serán marcadas polo CMUS atendendo ás seguintes instruccións da Consellería.
.......................................................
Información Probas de Acceso a 1º do Grao Profesional
2024/2025
O Prazo de Matrícula será do 10 ao 14 de xuño.
Hai dúas vías para matricularse nas probas:
- De xeito presencial: Entregando a documentación no CMUS Profesional de Lalín (En horario de 16:00 a 21:00).
- De xeito non presencial: Realizando unha Instancia Xeral na Sede Electrónica do Patronato de Lalín https://padroadolalin.sedelectronica.gal/ e axuntando a documentación requirida. É necesario ter Certificado Dixital.
1. Documentación a entregar
(importante que estea cuberta completamente e asinada)
- Formulario Inscrición para as probas
- Xustificante do pago da Taxa
- Título de Familia numerosa de ser o caso.
2. Pagamento da Taxa
O pago das taxas do CMUS Profesional de Lalín realizarase mediante a sede electrónica do Concello de Lalín.
- -Na páxina do Concello www.lalin.gal na parte superior dereita seleccionamos sede electrónica
- -Baixamos a páxina e atopamos en Enlaces de Interés a Sede Tributaria Concello de Lalín e facemos clic en OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA Y PAGO DE TRIBUTOS
- -En Recibos e Impuestos seleccionamos Autoliquidaciones Enseñanzas Patronato.
- -Cubrimos o modelo sen deixar ningún campo obrigatorio. Importante o Interesado é o/a alumno/a.
- -Seleccionamos Si en Prueba de Acceso
- -Facemos clic en Calcular.
- -Temos 2 opcións
- Imprimir Recibo e pagar no Banco
- Pagar Online e realizar o tramite.
- -O xustificante xerado online ou o impreso de pago no banco (selado pola entidade ou acompañado polo ingreso) ten que vir adxunto coa documentación ao CMUS.
3. Desenrolo das probas
-
Martes día 18 e Mércores día 19 de xuño PROBA INSTRUMENTAL.
- O horario desta proba é individual e será enviado á dirección de e-mail que se indique no impreso de matrícula das probas de acceso, tamén estará dispoñible o día 17 chamando ao CMUS.
-
Xoves día 20 de xuño PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA.
- Todo o alumnado presentarase ás 16:00 horas co material necesario para a realización da proba (lapis, goma e bolígrafo).