Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Porgrama Integrado

Noticias

Trátase dunha intervención moi ambiciosa que conta cun orzamento de licitación de 319.998,80 euros e que estará finalizada no mes de setembro. Entre os criterios de adxudicación avaliables como melloras inclúese a incorporación ao proxecto dun sistema de control intelixente da iluminación a través da plataforma Smart City Lalín ou o mantemento durante 12 meses da zona de xogos. Os xogos do parque van ser un punto fundamental do proxecto, con zonas para diferentes grupos de idade e con deseño único e novidoso, feito ex profeso para este espazo.
Ler máis

O CONCELLO RENOVA O CONVENIO COA FUNDACIÓN GALICIA VERDE QUE DÁ CONTINUIDADE POR DOUS ANOS MÁIS Á HORTA COMUNITARIA DA CORREDOIRA

A iniciativa tivo unha magnífica acollida e permitiu transformar unha escombreira sen uso nunha zona útil, produtiva, fermosa, que fomentou as relacións veciñais e que despertou o interese e a afección polos cultivos. Celia Alonso avanzou que se está a traballar na busca doutras zonas de titularidade municipal no casco urbano nas que poñer en marcha novas hortas comunitarias. Ler máis

O CONCELLO AVANZA NA MELLORA E ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS DO CORTIZO CON NOVAS ACTUACIÓNS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE DEPORTIVA

Santi Castro anuncia que nas vindeiras semanas se procederá á reparación e reposición do muro perimetral do campo de fútbol O edil de Deportes explica que, para dar resposta ás peticións dos clubes que empregan as instalacións, tamén se substituirá o peche da gaiola de herba artificial e se incrementará ata os tres metros altura do enreixado que dá á estrada para evitar a saída de balóns. Castro recorda que xa concluíron as actuacións para resolver as filtracións na grada que separa o campos de herba natural e artificial e a reposición do valado que delimita a superficie do campo de herba natural. Nas vindeiras semanas iniciarase a renovación integral do sistema de iluminación, cun proxecto de eficiencia enerxética adxudicado en preto de 160 mil euros. Ler máis

O CONCELLO PROXECTA A HUMANIZACIÓN DA RÚA CALZADA CUN INVESTIMENTO QUE SOBREPASA O 145 MIL EUROS

Permitirá mellorar de maneira integral esta vía acometendo tanto a reconstrución das beirarrúas de ambas marxes, como a reposición do firme da calzada e a mellora dos sumidoiros, os servizo e os sistemas de abastecemento. Francisco Vilariño puxo de manifesto que a intervención responde ao compromiso e á firme aposta do Goberno municipal por mellorar as rúas céntricas e lembrou que nesta materia o Concello está realizando un esforzo sen precedentes grazas ao que se vai mellorar completamente a imaxe de Lalín. O proxecto contempla o ancheamento das beirarrúas para incrementar as condicións de mobiblidade peonil e de accesibilidade. Ler máis

O CONCELLO LEVA A MÚSICA DAS CORAIS AO RURAL MEDIANTE UN CICLO DE CONCERTOS QUE SE DESENVOLVERÁ EN 6 PARROQUIAS

Comezará mañá en Muimenta e continuará os días 31 de marzo, o 7 de abril e o 27 de abril en Zobra, Vilatuxe, A Xesta e Cercio. Tamén haberá unha actuación en Barcia con data aínda por concretar. O obxectivo desta iniciativa, na que participan as Corais de Botos e de Lalín, é achegar a música e a cultura a todas as partes do concello. Ler máis

Xuventude LalínDeportes Lalín

Videos

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín

LALIN AXENDA

DESPLIEGUE 4G EN LA BANDA DE 800 MHZ
http://directorio.lalin.gal
Canal Cultura Telegram, para ver a programación cultural de Lalín